Os cursos de 5º e 6º de Primaria, preséntannos a súa aportación ao DÍA DO LIBRO , a montaxe
representa a cada un deles traballando na súa casa cos seus ordenadores do programa EDIXGAL e compartindo cos compañeiros e compañeiras e coa súa profe un momento de conexión múltiple no que cada un mostra o libro de lectura co que participa na montaxe colectiva do Día do Libro.
Lembrade que estes eran o Alumnado VOLUNTARIO para traballar colaborando na BIBLIO CROCAIO e que todos os anos faciamos unha saída colectiva a ler a un centro próximo, podía ser o Centro de maiores ou a Escola Infantil ou outro cole, pero este curso as circunstancias non o permitiron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario