martes, 23 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas

Día grande para a Bibliocrocaio. O día 24 de outubro celebramos o "DÍA DAS BIBLIOTECAS"

Biblio Crocaio from crocaio
Para celebralo faremos unha XIMCANA DE XOGOS:
Dividiremos en oito grupos a todo o alumnado,facendo grupos de todas as idades , para que entre eles interactúen e consigan superar oito probas en  diferentes aulas, que irán percorrendo alternativamente cun tempo de dez minutos en cada unha. As probas son de todo tipo, memorísticas, de habilidade, físicas, con robots,de reciclaxe, con crebacabezas e con xoguetes de madeira.

                                        
Deberemos conseguilas todas para obter o Pasaporte lector:
                                               
Os grupos levan un coordinador que é un alumno ou alumna de sexto curso, que se encargará de que todo saia ben.
Temos oito grupos que levan nomes de montes da nosa contorna que resultaron queimados hao agora un ano, en terribles incendios:
1-VIXIADOR
2-MATAMÁ
3-AS NEVES
4-FORNELOS
5-A MADROA
6-MONTE DOS POZOS
7-GALIÑEIRO
8-ALBA
Despois, ás doce, xuntarémonos todo o cole na Biblio Crocaio para escoitar o Conto:

 contado por IAGO LÓPEZ, por xentileza de Xerais
 Repartiremos carnés, agasallos, carpetas e mochilas viaxeiras, e sobre todo xa podemos a partir de mañá levar libros en préstamo.
Temos tamén dentro da Biblio unha exposición de libros novos que Crocaio mercou xa para vós.

O Moucho de Pablo Díaz, animación de kalandraka




 DONOSIÑA "Donicela" en castelán   
                 
 Moucho "Búho" (Castelán)


                              Vacaloura
Rato

Lebre

Ningún comentario: