mércores, 17 de outubro de 2018

Defendamos o noso monte!

Árbore
...Serán as súas follas
 os versos dun poema
e acudirán os paxaros
co son das súas baladas.
Os feixes das raíces,
que medran baixo terra,
irán, fura que fura,
buscar auga agochada,
e nacerán mil flores
coa danza das abellas
e o sol fará o seu niño
nos versos da enramada.
           Ana  Mª Fernández
Esto sucederá sempre e cando non suceda estoutro:
Por iso o Ceip Eduardo Pondal, o Ceip Escultor Acuña,o Ceip Sobreira,o Ceip Xosefa Alonso (Matamá), o Ceip A Paz (Coruxo), o Ceip A. R. Castelao (Navia), o Ceip O Pombal, o Ceip de Candeán e o IES de VAlladares, participaremos  o próximo venres 19 nunha plantación nos terreos de Sobreira-Valladares que resultaron queimados hai un ano por estas datas. Coa axuda inestimable da Comunidade de montes de Valladares faremos a plantación no monte queimado e despois achegarémonos ata o Monte dos Pozos, no que está a árbore da foto de arriba, monte que tamén ardeu por completo. Alí faremos unha cadea arredor do lago e cantaremos a canción de María Fumaça: "Ven comigo ven". Despois por xentileza de Gadis repartiremos plátanos e auga e teremos a actuación de Ce , Orquesta Pantasma, César Freiría, músico animador que vive nesa zona afectada.

Acompañarános, como non, o alcalde de Vigo, e teremos a tele, os xornais, uns drons que grabarán todo o acto..., levaremos as oito nogueiras que conseguimos xerminar o curso pasado e que prenderon na nosa horta para plantalas.
É para nós e para o proxecto da Biblio Crocaio , unha honra participar nesta actividade
que quedará na memoria dos nenos e nenas como símbolo de respecto e agarimo polo noso monte e pola natureza . 
Respectemos a natureza, non prendamos lume no monte, plantemos árbores nos que van vivir moitos outros seres vivos que axudarán a conservar o ecosistema e a proporcionar aire limpo as xeneración que veñen detrás.
Agardamos que o tempo acompañe e disfrutar moito desta mañá! 


Ningún comentario: