A exposición, unha aventura
A exposición JULIO VERNE.Os límites da imaxinación está concebida como unha aventura, na que o visitante pode elexir cara onde ir. Unha das seccións está adicada á relación de Julio Verne con Vigo, cidade que o autor francés visitou en dúas ocasións.
Mostra pezas únicas vinculadas á vida de Verne, cedidas por museos e coleccións particulares de Galicia, desde unha maqueta do navío Saint Michel III ata grabados holandeses da batalla de Rande e pezas orixinais de traxes de buzo do século XIX
O percorrido iníciase co globo terrestre de Monfort, un dos máis antigos que existen. Destaca ademais a primeira edición de "Vinte mil leguas de viaxe submariña" (1869) que por circunstancias foi española.
Ningún comentario:
Publicar un comentario