O Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018 correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.
OS LIBROS FAN GRANDE O MÁIS PEQUENO
As persoas tenden ao ritmo e á regularidade, do mesmo xeito que a enerxía magnética organiza as
lascas de metal nun experimento de física, do mesmo xeito que unha folerpa crea cristais a partir de auga.
Xa sexa nun conto de fadas ou nun poema, ás nenas e aos nenos gústalles a repetición, os refráns e os
motivos universais porque poden recoñecerse unha e outra vez; danlle regularidade a un texto. ... Aínda me lembro cando de nena loitaba comigo mesma por defender a
xustiza e a simetría, a igualdade de dereitos para a esquerda e a dereita: se tamborilaba cos dedos unha
melodía sobre a mesa, contaba cantas veces debía golpear con cada dedo para que os demais non se
sentisen ofendidos. Adoitaba aplaudir dando unha palmada coa man dereita sobre a esquerda, pero
pensei que iso non era xusto e aprendín a facelo ao contrario, coa esquerda sobre a dereita. Por suposto,
este afán instintivo de equilibrio resulta gracioso, pero o que mostra é a necesidade de evitar que o mundo
chegase a ser asimétrico. Tiña a sensación de ser a única responsable de todo o seu equilibrio.
A inclinación das nenas e os nenos cara aos poemas e ás historias xorde, do mesmo modo, da súa
necesidade de levar regularidade ao caos do mundo.
Dende a indeterminación todo tende cara a unha
orde. As cancións infantís, as cancións populares, os xogos, os contos de fadas, a poesía... son formas de
existencia ritmicamente organizadas que axudan aos máis pequenos a estruturar a súa presenza no gran
caos. Crean a conciencia instintiva de que a orde no mundo é posible e que todas as persoas teñen un
sitio único nel. ...
Un libro infantil representa o respecto pola grandeza do máis pequeno. Representa un mundo que se
crea de novo unha e outra vez, unha seriedade lúdica e preciosa sen a que todo, incluída a literatura infantil,
é simplemente un traballo moi pesado e baleiro.
Traducción Ana Luna e Antía Marante
Concurso: Un conto de H. C. Andersen en cómic:
Ningún comentario:
Publicar un comentario