Recibidos polo Orientador do Centro, visitamos en primeiro lugar o viveiro de empresas, unhas oficinas nas que nacen e se desenvolven nos seus primeiros pasos as empresas que crean os novos emprendedores que saen do Centro.
Alí recibimos o agasallo que nos gustou moito, unha mochila e un pen drive de 4G para cada un.
A continuación pasamos a unha sala na que nos agardaba o emprendedor Manuel Montes, que nos mostrou moitas ideas creativas.
A visita ás instalacións foi moi interesante, visitamos a aula de téxtil, na que nos recibiu unha unha mestra pero nese momento non había alumnos. Pasamos á sala de formación dos protésicos dentais , e alí disfrutamos un montón coa amabilidade dos alumnos e alumnas que nos deixaron o seu asiento para manipular os seus aparatos e nos fixeron unha demostración de como facer un molde dental.
No obradoiro de pastelería, no que a visita foi moi rápida porque estaban moi atarefados agasalláronnos cun cangrexo de hoxaldre e chocolate recén feito.
E por último visitamos a súa espectacular biblioteca.
Todo esto podédelo ver nas imaxes do vídeo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario