O próximo domingo 23 de abril lectores e lectoras, institucións en xeral celebramos o Día do Libro , fomentamos a lectura co obxectivo de chegar ao acceso universal á cultura a través dos libros. Podes ler AQUÍ a mensaxe da Directora xeral da UNESCO sobre este día.
Comezamos esta semana as actividades do DÍA DO LIBRO, participamos deste día a través das actividades que vos contamos a continuación pero, cada un de vós, pode participar individualmente se así o desexa, con actividades como estas por exemplo:
1.-Coñece a Biblioterca Xeral da Unesco e descarga os libros que che interesen gratis UNESCODOC
2.-Agasalla un libro e unha rosa a unha persoa achegada. 3.-Aproveita este día para ler algo diferente do que normalmente les.
4.-Nunca tires un libro! Nin un libro de texto! Participa en campañas ou busca como donalos a países e asociacións que os recollen.5.-Deixa un libro no banco dun parque ou no asiento do autobus cunha nora que diga: Feliz día do libro!
6.- Durante esa semana visita unha biblioteca e colle un libro en préstamo.
O día 20 de abril visita a BIBLIOCROCAIO o escritor ANXO FARIÑA do que xa fixemos unha entrada anterior pero hoxe lémbrovos os libros sobre o personaxe do libro de Miguel de Cervantes : Don Quixote:
O venres 21 presentaremos o vídeo de LECTURA DO PRIMEIRO CAPÍTULO DE DON QUIJOTE polos alumnos e alumnas do cole.
Tamén presentaremos a montaxe dos LIBROS ESTRELA da Bibliocrocaio deste curso.
Faremos os apadriñamentos lectores, os maiores len aos máis pequenos no recuncho do patio que eles elixan.
Repartiremos o BOLETÍN DE LECTURAS recomendadas para que saibades que mercar se vos achegades a unha librería .
E como remate da CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO , o día 26 de abril teremos unha magnífica contacontos para os cursos de Infantil, 1º, 2º e 3º que nos ofrece a editorial SM.
Estupenda semana, comezamos....
E Tamén podemos xogar con DON QUIXOTE:
Ningún comentario:
Publicar un comentario