domingo, 26 de marzo de 2017

En MARCHA A MOCHILA VIOLETA!

CROCAIO PRÉSTANOS UNHA MOCHILA VIOLETA

            A biblioteca CROCAIO  quere poñer á vosa disposición   una selección de libros e películas que presentan una visión do mundo baseada na igualdade, a tolerancia , o respecto e a liberdade.
Un mundo onde nenas e nenos poidan escoller os seus soños e ilusións en igualdade de oportunidades.
A idea surxe doutra mochila violeta que se presta na Diputación de Granada, que editou unha guía de lectura coeducativa recopilada por Natalia Enguix e Cristina López na que se poden atopar pautas para elexir libros que eduquen en igualdade, por idades e de temáticas variadas, literatura variada, divertida que escapa de roles e estereotipos sexistas.
A nosa mochila leva esta guía como consulta para posibles compras de lecturas, tamén podedes descargala AQUÍ

A Mochila Violeta da Biblio Crocaio leva unha selección de lecturas de temática variada: diversidade familiar, prevención da violencia de xénero, identidade sexual, educación emocional, autoestima…
Esta semana comeza a circular en sexto e irá pasando polos demais cursos.
Se queremos construir una sociedade máis igualitaria debemos de coidar que as lecturas infantís rompan con esas ideas de valores dominantes, roles sexistas e relación de poder que xeracións anteriores entendían como normais.

É por iso que debemos esforzarnos por transmitir os valores de igualdade, liberdade e dignidade humana.
Apetécevos coñecer a Mochila Violeta?

Vídeo : Todos somos diferentes







Ningún comentario: