A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras (http://academia.gal/primaveradasletras), unha iniciativa coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano
Todos os potenciais usuarios e usuarias debemos coñecer esta ferramenta, profesorado, as familias e demais membros da comunidade educativa.
Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, e o seu universo vital e literario son o eixe das propostas didácticas deste ano. Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito, desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e contidos interactivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario