Extra, extra!
O vindeiro venres 8 de abril ás 20:00h., presentación de "Esmeraldina, a pequena defunta", na Casa do Libro, en Vigo! Vai ser unha presentación de morte.
Crocaio agarda vervos por alí...😊
Autora: Ledicia Costas
Ilustración portada e interiores: Víctor Rivas
O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste.
Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. Pero un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo.
O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario