venres, 22 de abril de 2016

Contacontos sorpresa!!

Mirade as cariñas dos nenos e nenas de Infantil, disfrutaron moitísimo cun orixinal conto, contado por unha mamá, con final feliz, nunca mellor dito!
Grazas mami!
 Desde aquí animamos  a vir a contar os e as que aínda non viñestes , é unha experiencia que non debedes deixar pasar, os vosos fillos e fillas lembraranna sempre.


Movie Maker: Conto nai Brais - Diapositivas

A vaca que puxo un ovo, con texto de Andy Cutbill e ilustracións de Russell Ayto.
Unha vaca que quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas galiñas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira.
O final, sorprendente.

1 comentario:

ANABEL dixo...

Foi toda unha satisfacción pasar por esta experiencia. O primeiro estaba chea de nervios , ata que entraron todol@s peques e se sentaron. Para repetir....