Foi unha das primeiras autoras en
facer libros didácticos en lingua galega.
As noites de Xián conta a historia dun neno chamado Xián que:nacera nunha vila mariñeira e a súa casa estaba preto do mar. Desde o seu cuarto escoitaba o romper das ondas, que o arrolaba para coller o sono. Chegou o día no que tivo que deixar a súa vila e marchar a outro lugar. Outra vila fermosa, con montes e un río que a atravesaba, pero algo lle faltaba para poder durmir: o son do mar.
Fermoso libro de lectura para os máis cativos que xa agardan nervioso a visita da súa autora o próximo día 10 de xuño.
Eles xa fixeron algúns traballiños sobre o libro. Aquí tedes unha mostra :
Outros libros da autora que podedes atopar na Biblio Crocaio:
E di Concha:
Amais de ler e escribir gústame:Desordenar e ordenar. Escoita-la radio desde a cama. Ter encontros cos nenos e nenas. Falar por teléfono. Observa-Ia natureza. Comer tortilla de patacas ou croquetas de Ana Villar. Ver programas de entrevistas. Imaxinar por dentro as persoas. Escribir dentro do coche. Deitarme e erguerme tarde. Pasear pola praia da Langosteira, á beira do mar.
Pero sobre todo o que máis me gusta é SOÑAR.
Ningún comentario:
Publicar un comentario