mércores, 6 de maio de 2015

O xogo da PETANCA

Hoxe, o curso de 4º explicou a 1º e 2º  como se xoga á petanca. Cun sol espléndido e, na area do patio, fixemos unha divertida competición de petanca, un xogo moi popular no noso barrio, Sampaio, no que os maiores participan en campeonatos e teñen varias pistas preparadas para o seu xogo.

O xogo da petanca consiste en colocar o maior número de bólas preto dun boliche,
pode practicarse en calquera superficie de area.  Nos seus inicios, comezaron a utilizarse pedras. Máis tarde, fabricáronse bólas de madeira de buxo  con centos de clavos e as modernas son de aceiro ou bronce. Cada unha delas leva un debuxo diferente. A bóla pequena, boliche, á que teñen que achegarse os xogadores é de madeira, pode estar pintada de cor.
 É un xogo tranquilo e divertido.
Agora que ven o bo tempo e imos estar de vacacións  poderémolo seguir practicando nas praias e nas nosas casas.


Ningún comentario: