luns, 16 de decembro de 2013

A tope na Biblio!

Estes días de decembro a Bibliocrocaio está que ferve, tivemos
* dúas charlas para 3º ciclo
*unha exposición de pinturas ao óleo pola que pasaron todos os nenos e nenas
*os axudantes comezaron o seu labor durante algún recreo, sellando as novidades e aprendendo a facer as signaturas dos libros, colocando e reordenando, sempre con interese
e sobre todo moitos préstamos, personales e tamén de aula, que levaron para facer as lecturas compartidas que comezamos esta semana.
Hoxe luns  o 3º ciclo baixou a ler a infantil 4 e 5 anos, durante a hora de ler, foi unha estupenda! hora de ler para todos que repetiremos na derradeira semana de cada mes. Aquí están algunhas fotos.Tamén podedes ver as do blog de Infantil  premendo aquí.
A pintura e o pintor na Biblio:






Ningún comentario: