Manuel Solla a partir das 12,30, para 3º,4º,5º e 6º.
25 de Abril: Visita á BIBLIOTECA Pública XOSÉ NEIRA VILAS
As actividades programadas ao longo do curso no proxecto anual da Bibliocrocaio: Sampaio, un barrio para medrar , ler e falar inclúen a visita á biblioteca pública que está moi pertiño do noso barrio: a Biblioteca Xosé Neira Vilas , que pola súa grande actividade é unha referencia para nenos e nenas dos seus arredores.
Ofrece ademáis de préstamos variados, contacontos, obradoiros, internet, prensa..., unha sala con amplos ventanais que a fai moi agradable e o bo traballo diario das bibliotecarias.
Durante este curso 2012/13 a Biblioteca X. Neira Vilas presenta o Programa para escolares: Descubrindo as artes, co que pretenden dar a coñecer á comunidade educativa os servizos e recursos cos que contan.
É unha Biblioteca con grande interese por establecer colaboración coa escola e así complementarse.
Visitarémola o día 25 de abril, en dúas sesións, primeiro os maiores e a partir das 12 h. os nenos e nenas de Infantil e primeiro Ciclo.Xa vos contaremos!
Xa temos as solicitudes de carnés preparadas para enviar unha semana antes para que nos reciban cos carnés da Biblioteca preparados e poder participar dos seus servizos.
Programa para escolares Descubrindo as artes
Educación Infantil:
Cabalos azuis,vacas amarelas
Educación Primaria :
1º Ciclo: Domando as cores de Miró
2º Ciclo: Tras as pegadas dos artistas
3º Ciclo: Un museo na Biblioteca.
Preme para visitar o Museo Virtual do CEIP de Palmeira
Durante toda a semana teremos unha Exposición de Novidades e un mural con portadas coloreadas por todos os nenos e nenas do cole e CROCAIO está preparando un concurso sobre pistas que aparecen nos libros dese mural, estade moi atentos porque as preguntas aparecerán aquí, no blog, o día 22 e só teredes o día 23, o Día do Libro, para respostalas.
Haberá un libro para todos os que contesten ben!!
E ainda máis, estamos preparando a canción da Bibliocrocaio , coa música da cucaracha ...xa veredes que chuli!!
Tamén temos prevista para a primeira semana de maio a visita do escritor Silvestre Gómez Xurxo, autor do tibro Ti non xogas!, que leron no segundo Ciclo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario