A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de publicar o número 6 de Ollos de Aula,
unha revista mensual que busca ser unha canle de comunicación entre
mestres, centros de ensino e familias para "acompañarvos na difícil
tarefa de educar os vosos fillos e fillas". A revista pode descargarse
en pdf ou imprimirse en A4 nunha versión deseñada ao efecto.
O obxectivo da publicación é achegar "información variada ao
redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que
vos poden preocupar como nais e pais".
Ningún comentario:
Publicar un comentario