Levamos días agardando polo sol para saír a contar os contos pero como non deu chegado decidimos facelo hoxe e na Hora de Ler buscaron un curruncho axeitado do cole e alí compartiron as historias que levaban preparadas desde hai días, coa música de "Carros de Fuego " de fondo.
Ao rematar foron xuntándose na Biblioteca para rematar a celebración.
Así nos quedou:Da biblioteca á natureza: Bibliocrocaio 2012 on PhotoPeach
Para saber como se fai un libro aprendemos cos Bolechas como fixeron o libro sobre o seu can Chispa:
E ainda tivemos tempo de facer entre todos o LIM de Fina Casalderrey que preparou a profe Inés na nova pantalla interactiva que estreamos hoxe.(Aquí colocándoa)
Ningún comentario:
Publicar un comentario