A EEI Monte da Guía, coa nosa compañeira a profe Marta recoméndannos, para hoxe e mañá unha gran festa da cultura no Museo MARCO de arte contemporáneo de Vigo na rúa do Príncipe.
Alí estaremos!!
‘xabarín18’. Obradoiros infantís
Obradoiros de
ilustración en torno á maioría de idade de Xabarín, e proxección dos
‘xabarretratos’ con diferentes versións do personaxe realizadas por
ilustradores participantes no proxecto ‘xabarín18’
Para nenos/as a partir de 3 anos acompañados de persoas adultas
Lugar: salón de actos
Horarios: venres de 17.00 a 20.00 e sábado de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00
XABARÍN18
é un proxecto promovido polo EEI, Monte da Guía (Vigo) e CEP Sequelo
(Marín), coa colaboración de Televisión de Galicia
Xabarín, ‘o
porco bravo máis famoso da televisión’, creado por Miguel Anxo Prado
para o Xabarín Club da TVG, cumpriu 18 anos o 18 de abril de 2012. Con
este motivo, os centros de ensino EEIMonte da Guía de Vigo e CEP Sequelo
de Marín, coa colaboración de TVG, puxeron en marcha o proxecto XABARÍN18, no que 21 ilustradores galegos crearon as súas propias versións do personaxe, os ‘xabarretratos’.O proxecto cobra agora maior visibilidade con ocasión da Festa DIM no MARCO. O venres 18 e sábado 19 terán lugar obradoiros para público infantil en torno á maioría de idade de Xabarín, dirixidos por ilustradores participantes no proxecto, que colaboran de forma desinteresada nesta iniciativa, coa axuda do persoal de didáctica do Museo.
Simultaneamente,
unha proxección con banda sonora e momentos especiais do Xabarín
Club, presenta a totalidade dos ‘xabarretratos’ realizados por 21
debuxantes: RAMÓN TRIGO - KIKO DA SILVA – DAVID AMOEDO ‘DAVIDA’ - UXÍO
COUTO - PEPE CARREIRO - AUGUSTO METZTLI - LUZ BELOSO - DAVID BUCETA -
XOSÉ LOIS ‘O CARRABOUXO’ - ABRAHAM CARREIRO - ALBA CASTILLO - NURIA DÍAZ
BERRIDE - JACOBO FERNÁNDEZ - JORGE FERNÁNDEZ PERAL - GABRIEL IGLESIAS -
MARTÍN JARIO - IDOIA DE LUXÁN – DIEGO OMIL - QUICO - ANTONIO SEIJAS -
CARLOS TABOADA.
HORARIOS OBRADOIROS
VENRES De 17.00 a 18.00 obradoiro con KIKO DA SILVA De 18.30 a 20.00 obradoiro con DAVIDA e UXÍO COUTO
SÁBADO De 12.00 a 14.00 obradoiro con RAMÓN TRIGO De 17.00 a 18.30 obradoiro con PEPE CARREIRO De 18.30 a 20.00 obradoiro con AUGUSTO METZLI e MARTHAZUL
Concertos de música de cámara
A cargo de alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo
Horario: sábado ás 13.00 e ás 20.00
Lugar: vestíbulo de acceso a salas
Organiza: Conservatorio Profesional de Música de Vigo
Con
ocasión da Festa DIM, e en liña co obxectivo de ampliar as súas
actividades a outros espazos culturais da cidade, o Conservatorio
Profesional de Música de Vigo colabora co MARCO ofrecendo actuacións dos
seus alumnos nos espazos do Museo. Concertos de música de cámara en
lugares non habituais; espazos de tránsito de visitantes nos que a
presenza do público se une ao son dos instrumentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario