xoves, 27 de outubro de 2011

Inauguramos a Bibliocrocaio

O luns 24 de outubro inauguramos a BIBLIOCROCAIO
co lema: “LER, UN DEPORTE SAUDABLE
Pola BIBLIO foron pasando un a un todos os cursos e puideron
ver e tocar libros novos, recibiron os carnets e un agasallo e a continuación 
disfrutamos da  actuación
do MAGO CALI. Foi unha mañá completa!!!
Os alumnos de 6º curso colaboraron como Bibliotecarios lendo aos máis pequenos o conto:

 no que fixeron destacar a autoestima, todos temos algo bo e tamén a superación personal...
Errol era unha rata urbana. Ia á escola. Era un desastre nas sumas. Era un desastre escribindo. Era un desastre en ciencias. Era un desastre en arte. “¡Non sirves para nada, Errol!”, dicíanlle. Pero cada día, despois do colexio, Errol corría a casa para practicar algo no que era un fenómeno…O DEPORTE!!

24 outubro INAUGURACIÓN BIBLIOCROCAIO on PhotoPeach

Tamén vimos o video do conto Os Bolechas queren saber  como é unha BIBLIOTECA , de Pepe Carreiro
e fomos contando en voz alta o que podiamos atopar na Biblio, cando e como estar nela e moitas cousas máis que si premedes no libro volveredes a repasar.
Os Bolechas van á biblioteca, móstralla a bibliotecaria. Os libros poden ser de diferentes tamaños. Están ordenados por materias.  Poden localizarse mirando no ordenador.Os irmáns collen cada uno seu libro: Carlos, un cómic de superhéroe; Pili, un de piratas; Loli aprende a facer maxia; Braulio está lendo un de inventos; Sonia aprende as palabras máxicas nun libro de bruxas; Tatá dalle  ochupete á ovella que aparece no seu libro de animaiss sen letras. Como é hora de pechar e non acabaron os libros, la bibliotecaria failles o carnet de socios.

1 comentario:

Leo dixo...

Fermosa biblioteca! Ogallá a disfrutedes moitos, moitos anos!