xoves, 20 de outubro de 2011

ABRIMOS A BiBLIOCROCAIO Á COMUNIDADE ESCOLAR


O luns 24 de outubro inauguramos a BIBLIOCrocaio.
 Este curso traballaremos sobre o tema das Olimpiadas
co lema:       “LER, UN DEPORTE SAUDABLE
Pola BIBLIO irán pasando un a un todos os cursos e poderán
ver e tocar as novidades para todas idades relacionadas co
deporte,todos  recibirán un agasallo , ademais lembraremos
 o funcionamento e as  normas da Biblioteca.
Despois do recreo teremos, para todo o colexio, a actuación
do   MAGO CALI que nos achegará ao mundo da maxia .



             LER, UN DEPORTE SAUDABLE
“O deporte como linguaxe universal, pode ser un poderoso
vehículo para a promoción da paz da tolerancia e da comprensión.
Grazas ao seu poder de reunir á xente e de borrar as fronteiras,
as diferencias culturais e de relixión, contribúe á reconciliación.”
Durante este curso temos un acontecemento deportivo que vai unir
Biblioteca  será fonte de documentación relacionada con este tema.
Lembrámosvos que un ano máis estamos seleccionados para
formar parte dos centros PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas
Escolares) polo que contamos  cunha axuda importante no noso labor.
Convidámosvos a todos a coñecer e participar da BIBLIOCROCAIO.

E agora vexamos COMO é a BIBLIOTECA que visitan OS BOLECHAS
 

Ningún comentario: