Martiño escribiu a súa carta aos Reis Magos pedíndolles unha locomotora con tres vagóns de cores. Na Noite de Reis, logo de deixarlles noces e leite para eles e auga para os camelos, deitouse; gustaríalle velos, pero seu pai advertiulle que os reis non entran na casa dos nenos que non están durmidos.
Acordou con moitas ganas de mexar e tivo que levantarse. O mexo fixo moito ruído. Unha voz sobresaltouno reprochándolle que se erguese, polo que volveu para a cama con bágoas. Á mañá, non atopaba o regalo ata que buscou debaixo da cama: alí estaba o arelado tren. Por certo, de terceiro vagón tiña un penico grande.
Espléndida edición extraordinariamente ilustrada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario