O venres 29 de outubro celebramos no colexio a Inauguración da Biblioteca cunha gran festa.
Nela participou todo o alumnado e profesorado.
Nenos e nenas recibiron agasallos da biblioteca, escoitaron teatro e poemas, cantaron "O libro máxico" de Migallas e "A castaña " de Almudena Janeiro, comeron piruletas con debuxos do Samaín e despois castañas asadas e como chovía moito e non sairon ó patio aínda quedou tempo para ver unha peli.
A partir de agora xa podemos levar Libros prestados e pronto sairán as primeiras Mochimaletas Viaxeiras, Crocaio está moi atarefado preparándoas!
Aquí tedes unhas fotos da gran festa. Por aí anda Crocaio, buscádeo!
1 comentario:
Que biblioteca máis chula.
Un saúdo dende o outro lado da ría.
Publicar un comentario