PAULINA
Paulina, unha nena que vai vivir cos seus avós ao campo, coñece alí a un neno cego ao que axuda a aprender a ser máis independente do que os demáis lle fan crer.
Conto de marcado carácter autobiográfico e que se desenvolve en , onde a autora pasou longas tempadas de nena.
FELICIDADES, ANA MARÍA MATUTE
Xa era hora de que os fados foran os teus aliados nunha desas interminables votacións onde se premia o conveniente e non o xusto. Levados pola maxia conductora da túa linguaxe impecable e a túa palabra feiticeira, achegámonos aos mundos infantiles ou adultos,descubrindo retratos de emocións intensas e poderosas.
A próxima semana, moitos de nós abriremos o noso libro favorito e leremos unhas páxinas na túa homenaxe.
Felicidades pola túa valentía e perseverancia.
Un saúdo para ti desde esta humilde Biblioteca CROCAIO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario