O día mundial da poesía é tributo á palabra poética proposta pola UNESCO, celébrase cada 21 de marzo (equinoccio de primaveira) co propósito de consagrar a palabra esencia e a reflexión sobre o noso tempo.
A poesía é unha ponte entre persoas e grupos, que axúdanos a comprendernos mutuamente e a entendernos a nós mesmos. A poesía expresa - as veces de maneira sinxela, outras con fonda complexidade- os nosos temores, esperanzas, anhelos e sentimentos.
Falar de poesía é moi gratificante porque é unha arte que se vale de diversos artificos como a profundidade, o ritmo e o son no uso da palabra. Para os autores modernos, a poesía se refleja de xeito diferente en cada lector, quen dará un sentido personalizado ao texto. Para os autores antigos, a poesía ía máis alá da arte. Era vista como unha fonte espiritual do saber.
Dende eiquí queremos homenaxear a tódolos poetas que nos deixaron o seu legado e aos poetas actuais, que nos fan disfrutar desta arte de combinar, expresar e transmitir as emocións.
¿Qué es poesía?,
dices mientras clavas
en mi pupila tu pupila azul.
¡Qué es poesía!
¿Y tú me lo preguntas?
Poesía … eres tú.
GUSTAVO ADOLFO BÉCQUER.
PALABRA DE POETA
Palabra de poeta,
que escribe no caderno
o que lle peta
e, andando entre as palabras,
capaz é de sentirse lúa, sol,
mar, bolboreta
ou arrecendo de lfor,
e, ás veces, reiseñor...
Palabra de poeta,
que nunca vai mentir
porque non sabe,
e o mundo máis fermoso
é o que lle cabe
alá no corazón
e na carpeta.
Palabra de poeta,
palabra misteriosa,
e decidida,
unhas veces discreta,
outras, máis viva,
pero sempre fermosa,
creativa...
Palabra de poeta,
si, amigos;
falade coma min,
verso con verso,
creade ese universo
que vos digo,
¡veredes o que é
ser divertido!
ANA Mª FERNÁNDEZ
Tres voltas ó planeta
Vos lembramos que no blog da nosa biblioteca, os poemas semanais agrúpanse e saen a luz no blog mensualmente. Esperamos que vós disfrutedes tanto deles coma nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario