xoves, 8 de xaneiro de 2009

Carta de Nadal de Crocaio

XUNTA DE GALICIA
BIBLIOTECA DO
C.E.IP. EDUARDO PONDAL




Ola bibliocolegas!

BRRRRRR! QUE FRÍÍÍÍO! Case non podemos asomar o nariz polo frío que vai! Tivemos que abrigarnos moitísimo, sobre todo, polas noites.
Comprobamos que participades nas actividades suxeridas por nós. Isto dannos unha grande SATISFACCIÓN e tamén traballo, pois temos que poñer os puntos nas vosas libretas e coma nós soamente somos dous,... digo tres, lévanos o seu tempo.
Nós quixemos facer unha árbore de Nadal pero era moi difícil. Estivemos collendo ideas e admirando os vosos traballos, transmitíronnos o amor e a maxia coa que estaban feitos. Coa axuda especial de Crodila, a súa cría e máis eu construímos a seguinte árbore. Esperamos que vos guste! Está adicado a todos vós: ¡BIBLIOCOLEGAS!


Que ledicia coa HORA DE LER, hai varios rapaces/rapazas que entenden perfectamente en que consiste. É un tempo de LECER, de disfrutar mirando, lendo e compartindo en silencio diferentes lecturas. Sabemos que varios compartides cos vosos compañeiros os vosos gustos e lles recomendades ler unha anécdota, un fragmento ou un libro enteiro co que pasáchedes momentos fantásticos. ¡ ASÍ SON OS AUTÉNTICOS BIBLIOCOLEGAS!
Xa vimos que estades elaborando as postais nas clases para felicitar estas festas a todos os que vos rodean e por suposto a nós. Temos tantas ganas de ve-los que decidimos darvos OUTRO PUNTO para a vosa libreta.
Estivemos mirando moitos libros e falando con amigos doutras bibliotecas para axudarlle un pouco aos Reis Magos, que sabemos están moi atarefados nestas datas. Vos enviaremos unha carta na que ademais de libros vos informamos da próxima MARATÓN LITERARIA que realizaremos á volta do Nadal. Traede os vosos Libros de agasallo para realizar a exposición.

CROCAIO e CRODILA

BO nadal

Ningún comentario: