sábado, 29 de maio de 2021

Encontro virtual coa escritora Antía Yáñez

Este xoves o alumnado de 5º de primaria tivo unha charla virtual coa escritora Antía Yáñez, autora de Plan de rescate, libro que Papá Noel lles regalara por Nadal, e que estiveron traballando estes meses. Fixeron traballos de investigación sobre a súa biografía e sobre os persoaxes.

Antía Yáñez naceu en Burela, obtivo o III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade por Plan de rescate no 2019.





Argumento: Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que via comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate par vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, traballo en equipo e mesmo algo de amor.




Os alumnos e alumnas de 5º de primaria fixéronlle distintas preguntas. Ela comentou que sempre quiso escribir unha historia de aventuras onde os protagonistas foran persoaxes con necesidades especiais pero que non tratese en sí delas. 




Tamén dixo que para escribir hai que ler moito e revisar e revisar os escritos.


Moitas grazas Antía por compartir o teu tempo con nós!

Ningún comentario: