xoves, 3 de xuño de 2021

Contacontos Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo

Este luns infantil, 1º e 2º de primaria recibiron a visita de Mar, contacontos da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo. 

Como este ano pola situación sanitaria non puidemos ir á biblioteca municipal fixeron eles a visita ao noso colexio.

Mar, partindo do libro Villanos, narrounos contos todos eles baseados nos persoaxes máis famosos dos contos, como a bruxa, o ogro, o lobo...



Estes son algúns dos que nos narrou:

¡Si no comí nada!
Guapa
Nombre de ogro
¡Qué llega el lobo!
Os tres porquiños







Moitas grazas Mar, encantáronnos os teus contos!

Ningún comentario:

11 DE XANEIRO: Día dos usuarios e usuarias das bibliotecas

Con motivo do Día dos usuarios e usuarias das bibliotecas, convidamos as lectoras e lectoras do CEIP Eduardo Pondal a viaxar pola Bibliocroc...