Que mellor invento que unha incubadora para dar vida a uns pitiños. Grazas ao colexio pola compra dunha incubadora e un ovoscopio, o alumnado de 6º de primaria observou, investigou, emocionouse e desfrutou durante dezaoito días coa incubadora, tres días coa nacedora e cinco coa criadora. Todos estes inventos xunto co ovoscopio fixeron posible o nacemento de catro pitiños que encheron de ledicia a todo o colexio.
Pinga, Dobi, Neve e Ce, pitiños de raza piñeira naceron os pasados 6 e 7 de maio, logo de 21 días de incubación. Onte, 12 de maio, despedímolos xa que marchan á granxa de Mondariz onde viven as súas nais e pais.
Todo foi posible grazas ao traballo feito polo alumnado de 6º de primaria e á inestimable axuda da súa titora Ana e a mestra Ángeles F. titora de 3 anos , que vixiaron nas horas non lectivas que humidade e temperatura foran as correctas, incluídas nas fins de semana, así como a colaboración do persoal de limpeza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario