venres, 17 de abril de 2020

Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor 2020

O boletín de lecturas recomendadas do Día do libro vén nesta ocasión en formato que podedes ler por ordenador ou tablet.

Crocaio quere facilitarvos así a lectura destes libros tan superchulis que vos recomenda.

 Facede clic en cada un e abrirá o libro. Máis fácil imposible!


h

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!

Actividades arredor do libro e a lectura.
Desdes as nosas casas comprobamos como o mes de abril chega as bibliotecas escolares con gran variedade de actividades arredor do libro e a lectura. Vémonos na obriga de dar unhas recomendacións de lectura virtuais e a asumir como un reto a participación das familias no envío de fotos lendo na casa, de libros que máis nos gustan, de crear espazos para mostrar sentimentos e emocións que nos enchen os días baleiros de outras actividades.

Para todos: Propoñemos un boletín de lecturas recomendadas virtuais

Para nenos e nenas agardamos as vosas fotos lendo na casa


Para os papis e mamis tamén podedes participar enviando as fotos do libro que lestes estes días, con elas encheremos este espazo máxico coa vosa presenza e sentirémonos un pouco menos solos.
COMPARTIDE  unha foto lendo estes días no mail: 
ceipeduardopondal@gmail.com



Ningún comentario: