Ola amiguiñ@s
Temos expostos libros no corredor relacionados con algunhas das conmemoracións deste mes de febreiro. Destacando o Día de Rosalía de Castro e o Entroido, relacionado este curso co noso proxecto "Comeza a viaxe".
Ola amiguiñ@s
Temos expostos libros no corredor relacionados con algunhas das conmemoracións deste mes de febreiro. Destacando o Día de Rosalía de Castro e o Entroido, relacionado este curso co noso proxecto "Comeza a viaxe".
O venres tamén celebramos o Día da Paz, e para conmemorar esta data fixemos distintas actividades.
No expositor da biblioteca que temos no corredor temos moitos libros relacionados con esta data.
Por unha banda recibimos a visita de dúas mulleres que traballan no Banco de Alimentos e deron unha charla por cursos a todo o alumnado explicando a súa labor e solicitando a colaboración das familias. Durante a vindeira semana recolleremos alimentos non perecederos para axudar a familias que o precisen.
Ola a tod@s!
Este venres tivemos a terceira sesión de Radio Pondal con novos poemas de Rosalía de Castro.
Desta vez a nai de Selena (5º de primaria) e o alumnado de 4º de primaria, recitaron os poemas: "Máis ve que o meu corazón" e "Lugar máis fermoso"
Moitas grazas por colaborar!
Bo día a todos e todas!
Temos expostas nos estantes de novidades algunhas das recentes adquisicións da nosa Bibliocrocaio, moitas delas suxerencias que fixo o noso alumnado.
Bo día amiguiñ@s.
Aquí vos deixamos algúns momentos da segunda sesión deste venres de Radio Pondal en torno á Rosalía de Castro. Desta vez da man do alumnado de 3º de primaria e coa colaboración moi especial da nai e o pai de Samantha, Sofía e Jimena.
Moitas grazas familia pola vosa colaboración!!
Ola a tod@s
Relacionado coa PDI da biblioteca, "Comeza a viaxe!", en infantil estase a traballar a nosa comunidade Galicia.
Pili, a coidadora, á que lle temos moito cariño, trouxo moitos instrumentos musicais galegos. Comentounos de cada un deles como se toca e a súa historia. Algúns deles caseiros e outros máis elaborados.
Non só amosounos como se tocan, tamén cantou e nos deixou tocar e probar para acompañala.
Pasámolo estupendamente!
Moitas grazas Pili por este día tan marabilloso!!
Bo día amiguiñ@s
Como xa sabedes todas as semanas o noso alumnado leva da Bibliocrocaio un libro para casa. En infantil tamén levan unha ficha onde fan un debuxiño relacionado co libro.
A familia de Marina da aula de 3 anos, quixo mostrarnos as súas habilidades coa papiroflexia facendo figuras relacionadas co conto que levaba.
Deixámosvos aquí estas pequenas obras de arte.
Moitas grazas familia!!
Ola a todo o mundo
O equipo de dinamización de lingua galega, EDLG, organizou unha actividade preciosa para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o 23 de febreiro:
Recitado de poemas os venres de xaneiro e febreiro a través da nosa Radio Pondal, animando a toda a comunidade educativa, alumnado, familias, mestres e mestras. Para formar parte da gravación informade á titora correspondente.
Aquí vos deixamos algúns momentos deste venres, no que o alumnado de 5º de primaria recitou o poema "Nasín cando as prantas nasen".