sábado, 31 de xaneiro de 2026

Día Escolar da non Vilencia e a Paz

O venres tamén celebramos o Día da Paz, e para conmemorar esta data fixemos distintas actividades. 

No expositor da biblioteca que temos no corredor temos moitos libros relacionados con esta data.

Por unha banda recibimos a visita de dúas mulleres que traballan no Banco de Alimentos e deron unha charla por cursos a todo o alumnado explicando a súa labor e solicitando a colaboración das familias. Durante a vindeira semana recolleremos alimentos non perecederos para axudar a familias que o precisen.







Outra das actividades que fixemos xirou en torno á canción de Tanxugueiras "Terra", que cantamos tod@s xunt@s e un grupo acompañouna con coreografía. E seguindo parte da letra tamén elaboramos unhas pandeiretas coa frase NON HAI FRONTEIRAS en distintos idiomas.

 












Ningún comentario: