domingo, 30 de novembro de 2025

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Bo día amiguiñ@s

Rematado novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, e como vos dixeramos na outra entrada deste blog, deixámosvos aquí un resumo dos experimentos feitos polo resto dos cursos de 3º a 6º de primaria. E que, como os demais cursos, amosáronnoslos na biblioteca para o resto do cole.

3º e 4º de primaria explicáronnos como facer coches propulsados por aire, inflar un globo con bicarbonato e vinagre, combustión e presión atmoférica cunha vela, magnetismo...









5º e 6º de primaria expuxeron, ademais dos seus experimentos, os seus traballos sobre distinto temas: lámpada de lava, torbellino, peixe trasno, polvo Dumbo, foca monxe do Caribe, sistema solar...









xoves, 27 de novembro de 2025

25N

Bo día a todas e todos.

Este martes 25 de novembro, e coa coordinación do equipo ACE (equipo de actividades complementarias e extraescolares), celebramos o 25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Todo o alumnado e profesorado decorou unha camiseta blanca de cor violeta con frases relacionadas con este día e elaborouse unha pancarta por aula.

O 25N baixamos todas e todos ao patio con batucadas por parte de cada curso e coa súa pancarta, berrando o texto. Despois no patio fixemos o manifesto e un baile dunha canción de Joan Baez.














mércores, 19 de novembro de 2025

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Bo día amiguiñ@s

Este mes de novembro estamos a celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.


Cada ciclo preparou dous experimentos e cada semana amósannos na biblioteca o resultado da súa preparación.

Hoxe vos deixamos os que prepararon infantil e o primeiro ciclo de primaria. Noutra entrada vos amosaremos os de 3º a 5º de primaria.

Infantil expuso un experimento sobre a enerxía estática e outro de monstros espumosos con vinagre e bicarbonato de sodio.







En 1º e 2º de primaria fixeron un experimento sobre a densidade de distintos líquidos e outro sobre a capilaridade e mestura de cores.









domingo, 16 de novembro de 2025

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia

Bo día 

Este sábado algunhas mestras do equipo de biblioteca asistiron á Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia do curso 2025-26 que se celebrou no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

Déronse cita equipos de biblioteca, docentes, asesor@s dos centros de formación do profesorado e persoas expertas no lema do curso "Biblioteca escolar + Deseño = Viaxe á creatividade".

Nela falouse de competencia e prácticas lectoras, libros, deseño e colección, planificación do traballo nas bibliotecas, alfabetización informacional e outros temas.