domingo, 30 de novembro de 2025

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Bo día amiguiñ@s

Rematado novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, e como vos dixeramos na outra entrada deste blog, deixámosvos aquí un resumo dos experimentos feitos polo resto dos cursos de 3º a 6º de primaria. E que, como os demais cursos, amosáronnoslos na biblioteca para o resto do cole.

3º e 4º de primaria explicáronnos como facer coches propulsados por aire, inflar un globo con bicarbonato e vinagre, combustión e presión atmoférica cunha vela, magnetismo...









5º e 6º de primaria expuxeron, ademais dos seus experimentos, os seus traballos sobre distinto temas: lámpada de lava, torbellino, peixe trasno, polvo Dumbo, foca monxe do Caribe, sistema solar...









Ningún comentario: