Ola amigos e amigas!
Como outros anos a nosa Bibliocrocaio fai expurgo de libros e este ano con dous destinos.
O primeiro foi doazón dalgúns deles á asociación APAMP
Ola amigos e amigas!
Como outros anos a nosa Bibliocrocaio fai expurgo de libros e este ano con dous destinos.
O primeiro foi doazón dalgúns deles á asociación APAMP
A semana pasada conmemoramos o Día das Letras Galegas dedicado ás "Cantareiras", as mulleres que transmitiron a poesía popular oral en Galicia a través de cantos e bailes, e unimos a esta gran data a celebración da "festa dos Maios".
Visitaron o colexio o grupo de Cantareiras "Faragullas", ensináronnos instrumentos tradicionais galegos e gozamos dos seus cantos e bailes.
O alumnado de 5º e 6º de primaria tamén participou no apadriñamento lector lendo contos ao alumnado de infantil e aos cursos baixos de primaria.
Algúns alumnos e alumnas de 5º contaron "Lobo feroz" e "Sopa verde".
Boas amigos e amigas!
Agora que xa chegou o mes de maio comezamos cos apadriñamentos lectores e gozamos de lecturas internivel.
Nesta ocasión deixámosvos unha mostra do alumnado de cuarto de educación primaria, lendo diferentes contos na aula de de educación infantil.
Felices lecturas!
Ven á biblioteca e non te perdas as novidades do mes de maio!
Veñen cargadiñas de lecturas emocionantes!
E tampouco te podes perder as nosas recomendacións lectoras en relación ás datas importantes e conmemoracións deste mes.
O escritor e ilustrador Jorge Campos visitounos para falar do seu libro "Capitán Lentella", facendo un pouco de maxia e falando con nós dese e outros marabillosos libros.
Ademais asinounos os libros que tiñabamos. Esperamos pronto "Capitán Lentella 3".
Grazas pola visita, esperamos que se repita!
Ola amigos e amigas!
Celebramos a Semana do Libro ao grande!
Gozamos do apadriñamento lector e de diferentes representacións de contos.
E tamén contamos co alumnado de 4º de primaria, que retransmitiu en rigoroso directo a través da nosa radio, o conto de "Elmer".
Felices lecturas todo o ano!
Ola amigos e amigas!
A nosa biblioteca acolle unha nova edición de "Artistas do Pondal". Un evento onde o noso alumnado móstranos toda a súa creatividade e talento!
Parabéns a todos e todas!
Sodes uns grandes artistas!
O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria visitou a librería do casco vello de Vigo "Libros para soñar", onde disfrutamos dunha sesión de contacontos chea de imaxinación e alegría.
Boas amigos e amigas!
Agora que se achegan uns días de descanso deixámosvos por aquí as recomendacións lectoras da Biblioteca.