A semana pasada conmemoramos o Día das Letras Galegas dedicado ás "Cantareiras", as mulleres que transmitiron a poesía popular oral en Galicia a través de cantos e bailes, e unimos a esta gran data a celebración da "festa dos Maios".
Visitaron o colexio o grupo de Cantareiras "Faragullas", ensináronnos instrumentos tradicionais galegos e gozamos dos seus cantos e bailes.
Houbo pintacaras e non puido faltar unha fermosa copla e baile ao redor do noso "Maio".
Tamén gozamos do vídeo creado por todo o alumnado, en honra á riqueza de expresións propias que existen na nosa lingua, podedes visitalo entrando na seguinte ligazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario