30 maio 2024

Apadriñamentos lectores no Pondal

 Boas amigos e amigas!

Aproveitando que xa chegou o bo tempo, onte todos os nenos e todas as nenas do cole saímos ao patio despois da hora de ler para facer unhas lecturas compartidas. Para iso, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria escolleu da biblioteca un libriño para ler ao alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria. 

Cada persoa, "apadriñou" a unha o dúas para desfrutar ao aire libre das lecturas. 










29 maio 2024

Recomendacións lectoras maio

 Boas amigos e amigas!

Xa está a rematar o curso e queremos compartir connvosco cales foron as nosas recomendacións lectoras en relación ás conmemoracións e as datas importantes deste mes. 






Novidades maio

 Boas amigos e amigas!

Como cada mes na nosa biblioteca tivemos moitas novidades. Esta vez, entre elas, estaban algunhas peticións feitas polo alumnado empregando a caixa de suxestións da porta da biblio. Ademais, unha desas novidades foi un agasallo que recibiu a coordinadora nun curso de formación. 

Sabedes cal pode ser?


Que vos parecen?

22 maio 2024

Expurgo de libros e visita de biosbardos

Boas amigos e amigas!

Como este ano fixemos un expurgo moi grande na nosa biblioteca, para que o alumnado puidera levar libros para casa tiñan que traer comida ou algo para doar á protectora "Os biobardos". 
A cambio da comida levaban 3 ou 4 libros ou revistas. 

 


Para entregarlle a comida á protectora viñeron ao centro a darnos unhas charlas sobre o coidado e a adopción dos animais. Explicaron o traballo que fan na protectora e trouxeron unha visita moi especial...








Sabedes que todos os domingos podedes visitar a protectora para pasear os cans?

21 maio 2024

Letras galegas no Pondal

Boas amigos e amigas!

A semana pasada conmemoramos o Día Das Letras Galegas. Para iso, estivemos durante os últimos días traballando un pouquiño a Luisa Villalta e entre todos e todas fixemos un programa de radio

O mércores 16, escoitamos o programa pero e que ademáis gravamos uns poemas de Luisa Villalta preciosos. Queredes velos?

Invitamosvos a visitar o bloqgue de dinamización para poder ver o video e escoitar o programa de radio:

http://endleduardopondalvigo.blogspot.com/2024/05/letras-galegas.html

Deixamosvos por aquí algunhas fotiños dese vídeo. 






Ademais, pedimos colaboración ás familias para facer entre toda a comunidade educativa a bandeira de Galicia con diferentes palabras en galego. Este foi o resultado:




E como di a profe de dinamización: SACA A TÚA LINGUA!






08 maio 2024

Apadriñamentos lectores

 Boas amigos e amigas!

Agora que xa chegou maio comezamos cos apadriñamentos lectores. Nesta ocasión, os alumnos e alumnas de 2º de Educación Pimaria van a aula de Educación Infantil os luns, na hora de ler, para contarlles un conto. 






Aos máis pequenos e pequenas do cole encantoulles!




30 abril 2024

Novidades abril

 Boas amigos e amigas!

Este mes de abril estivo cargadiño de novidades na nosa biblioteca. Non sei se vos dixeramos que na porta da biblioteca temos unha caixa de suxestións. Algúns alumnos e alumnas pediron material para a biblio e neste mes puidemos dar resposta a eses intereses. 

Aquí vos deixamos as novas incorporacións deste mes. 





Recomendacións lectoras abril

 Boas amigos e amigas!

Como cada mes, querémosvos ensinar cales foron as nosas recomendacións lectoras en relación ás conmemoracións e as datas importantes deste mes.






29 abril 2024

Semana do libro

 Boas amigos e amigas!

A semana pasada, do 22 ao 26 de abril, conmemorouse a semana do libro. Para facelo, invitamos as familias do alumnado do cole a ler un conto na nosa biblioteca. Foi moi enriquecedor xa que algunhas falaron doutros países, outras leron contos inclusivos e outras contos moi divertidos. 











Ademais das familias, dende o centro tamén participaron nesta semana tanto algunhas mestras como o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 







Moitas grazas a todos e todas os que participastedes nesta semana do libro!

12 abril 2024

Visita do escritor Ramón D. Veiga

 Boas amigos e amigas!

Onte os nenos e nenas de Educación Infantil puideron desfrutar da visita de Ramón D. Veiga. Por si non sabedes quen é, Ramón é o autor do libro que recibiron como regalo de Nadal: Violeta ás agachadas. 

Contounos de onde ven esta historia, quen é Violeta, desfrutamos do conto e firmounos a todos e todas o noso libro!






Ademáis, aproveitando que os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria son lectores habituais da colección de Miñoca, fixeron un pequeno obradoiro de creación de cómic!


Moitas grazas pola túa visita, Ramón!

08 abril 2024

Visita do escritor Miguel Anxo

 Boas amigos e amigas!

O pasado venres, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de recibir na nosa biblioteca a Miguel Anxo Alonso Diz. Por si non o coñecedes, Miguel Anxo é o autor do libro que recibiron como regalo de Nadal. 


Foi moi interesante xa que Miguel Anxo lles contou algunhas curiosidades do libro, como por exemplo que a mirada do personaxe da portada está feita así para que pareza que está a mirar ao lector.




Foi un pracer!

04 abril 2024

Guía de lectura Marzo 2024

 




Recomendacións lectoras marzo

 Boas amigos e amigas!

Agora que xa estamos de volta deste pequeno parón despois da Semana Santa, querémosvos ensinar cales foron as nosas recomendacións lectoras do mes de marzo en relacións ás conmemoracións e as datas sinaladas.