martes, 31 de marzo de 2020

Día Internacional do Libro Infantil / 2 de Abril


Hai máis de 60anos que o día 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
 co fin de promocionar o libro e a lectura entre os máis novos.
Sempre hai actos públicos, reunións con escritores, espectáculos, pero este ano especial imos a celebralo
 LENDO NA CASA.
O escritor Peter Svetina, de Eslovenia, foi o encargado de redactar a mensaxe titulada Fame de palabras , podedes lela completa aquí:


Hambre de palabras
Donde yo vivo, los arbustos se vuelven verdes a finales de abril o principios de mayo. Al poco tiempo, se llenan de crisálidas de mariposas, que lucen como vetas de algodón o algodón de azúcar. ...
Esta es la imagen de un escritor, la imagen de un poeta.... 
Y conozco a una chica que ahora es maestra. Me dijo: pobres de aquellos niños a los que sus padres no leían libros.
Las palabras en los poemas y en los cuentos son alimento. No alimento para el cuerpo, nada que pueda llenar el estómago. Son alimento para el espíritu y para el alma.

El hambre de palabras se manifiesta como una tristeza, una apatía, una arrogancia. Las personas que sufren de este tipo de hambre no son conscientes de que sus almas están tiritando, de que están pasando junto a sí mismas sin haberse percibido. Una parte de su propio mundo se les va de las manos sin ellos darse cuenta.
Este tipo de hambre es la que sacian los poemas y las historias.
¿Existe, no obstante, esperanza para aquellos que nunca han satisfecho esta hambre con palabras?
Sí. Aquel chico lee casi cada día. La chica que es maestra lee cuentos a sus alumnos cada viernes, cada semana. Si alguna vez se olvida, los niños no tardan en recordárselo.
¿Y qué ocurre con el escritor, con el poeta? Con la llegada del verano, volverán a verdecer. Y una vez más serán engullidos por sus historias y poemas, que acabarán volando en todas las direcciones, igual que las mariposas. Una y otra vez.
(Texto original: Peter Svetina. Traducción: Barbara Pregelj)


PARA COÑECER MÁIS DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN




Coñecemos a Gianni Rodari:

Ademais este ano 2020 celébrase o centenario do nacemento  de Gianni Rodari, que foi un mestre ao que lle gustaba moito escribir historias orixinais para nenos e nenas , algunhas das súas ideas , reflexións e consellos para inventar historias, están agora de máxima actualidade para que os nenos e nenas estean entretidos durante estes días.

¿Qué podo contalle a un neno ou nena de dous ou tres anos?















luns, 30 de marzo de 2020

Galiza le.

Galiza le.

           A Xunta de Galicia vén de facilitar as condicións de 
acceso a Galicia Le, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas


En concreto, GaliciaLe conta con máis de 4.500 títulos,
 dos que a maioría están en galego e en castelán, 
pero tamén os hai en inglés, portugués, francés,
 italiano, catalán e éuscaro, libros infantís, xuvenís
 e para adultos. Ademais suma 31 revistas e 
300 audiovisuais feitos en Galicia
 que comprenden longametraxes, curtas ou documentais. 
Toda a información premendo sobre a imaxe



Preme para ver o catálogo:

Entra e colle unha peli, un libro en préstamo !

Libros de Xerais para ler na casa

De 1º a 6º:

https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/feliz_feroz_o_lobo_riquinho_ok
Feliz feroz, o lobo riquiño, de El Hematocrítico by Xerais - issuu


https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/vaia_tropa_anton_cortizas
Vaia tropa!», de Antón Cortizas by Xerais - issuu

Para 5º e 6º:

https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/fred_quincalla_o_nomade_do_mar

Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa by ...







mércores, 25 de marzo de 2020

Lecturas para estes días

Baía  Edicións vén de subir na rede, á súa páxina web,uns cantos enlaces para ler  gratuitamente algúns dos seus libros.
Unha axuda para levar mellor estes días na casa.
Facendo clic nas imaxes aparecerá o libro completo
e aquí queda o enlace á súa páxina web porque hai algún libro máis para poder descargar:

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

De 4 a 6 anos:




Para 7-8 anos:




De 9 a 11 anos:


Moitas grazas á Editorial Baía por esta iniciativa!


sábado, 21 de marzo de 2020

Día da Poesía



A UNESCO promove desde o ano 1999 celebrar o día 21 de marzo o día da POESÍA e anima a que cada un de nós escriba e suba ás redes poemas, os seus poemas favoritos.

O poeta favorito de Crocaio é FREDERICK, conto do italiano Leo Lionni, no que o rato Frederick non realiza o traballo coma os demais ratos senón que  recolle raios de sol para os días escuros do inverno...é un poeta.
A poesía na Biblio Crocaio:









"Dicen que el río está sucio 

 la trucha, el barbo y el lucio.

  Dicen que habría que hacer algo

 la trucha, el lucio y el barbo. 

Pero nadie los escucha 

       al barbo, al lucio, a la trucha..."

 Nono Granero :Tarde en el acuario.


Canto sabes da poeta galega Rosalía de Castro? 
Xoga con este LIM e verás como estás ao día!



martes, 17 de marzo de 2020

Coñecendo os monumentos de Vigo desde a casa

Moitos dos monumentos e esculturas que adornan a cidade de Vigo están relacionadas co mar, coa pesca, con personalidades marinas relevantes, con mariñeiros e mesmo con seres marinos; son realmente fermosas e algunhas incribles!!
Lembras algunha?
 Seguro que, polo menos, o Sireno que está na Porta do Sol. Con este xogo lembrarás outras que tes visto moitas veces, coñecerás a quen están adicadas e quen é o seu autor:


Un dos monumentos máis coñecidas é o do escritor francés Jules Verne, está no Náutico de Vigo e representa ao autor do libro Vinte mil leguas de viaxe submarina , e nestes momentos que non podemos saír da casa, a lectura é outra maneira de viaxar, aínda que sexa ao fondo do mar.




domingo, 15 de marzo de 2020

Días de Perros

Escribir un diario pode ser unha boa solución para pasar unhas horas entretidas, sobre todo cando temos que estar na casa e xa estamos fartos de tele e de videoxogos. E ler o que lle sucedeu a Greg nesta situación pode inspirar a túa escritura. Atrévete!



Crocaio está contigo nestes días, procurade  pasalo o mellor posible,  pensade que pronto volveremos a vernos, pero mentres hai miles de actividades entretidas, como estas dúas que vos ofrecemos.

domingo, 8 de marzo de 2020

Somos da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres

 A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que as pequenas accións  poden xerar grandes repercusións cara ao mundo igualitario que merecemos.

As bibliotecas  escolares de Galicia traballan todo o curso en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a busca e tratamento da información ...


Aquí tedes algunha das actividades desenvolvidas polo 8M :

sábado, 29 de febreiro de 2020

8 de marzo : Día Internacional da Muller

O 8 de marzo é o "Día Internacional da Muller". 
Celébrase para lembrar os logros das mulleres ao longo da historia e para reflexionar sobre a súa situación actual.

Sabías que ata o ano 1933 as mulleres non tiveron dereito a votar?

Sabías que aínda hai moitas nenas que non poden ou non as deixan ir á escola?

Sabías que hai moitas mulleres que cobran menos que os homes polo mesmo traballo?

Sabías que na maioría das familias as tarefas da casa realízanas as mulleres?

Na actualidade existen leis e normas para fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes pero aínda existen barreiras invisibles que impiden ou fan difícil esta igualdade.
Abre o libro dos Bolechas pola igualdade e reflexiona sobre o seu contido:


http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/unidadedidactica.pdf

Ao longo da historia houbo grandes mulleres que dedicaron a súa vida á ciencia á cultura, ao arte etc..
É importante lembralas e coñecelas.Tres mulleres artistas para lembrar neste día:

A artista española  Paula Bonet, coñecémola a través de  Ana Termes, a pintora viguesa que nos ofreceu o obradoiro de igualdade na pintura:





Lembramos tamén á importantísima pintora surrealista galega que non é moi coñecida: MARUJA MALLO




Na Biblio tedes a súa biografía
Tamén podemos volver a ler nas aulas :





















https://igualdadyviolenciadegenero.carm.es/documents/202699/218388/Material+Infantil+y+Primaria+fichas+20215_150/91e17dca-9c35-4832-bc76-b69f7747f2ef