martes, 7 de maio de 2019
David Rodríguez García, músico, exalumno do cole visitounos coa súa marimba
Mestre do Conservatorio Superios de Música de Vigo, especializado en percusión, o seu instrumento é a marimba, trouxo á Biblio a súa primeira marimba aínda que ten outra moito máis grande. Tivémoslle que axudar entre todos para transportala. Ofreceu un pequeno pero marabilloso concerto didáctico a todo o alumnado. Ao rematar o alumnado de 5º e 6º fíixolle unha entrevista que poderemos ler no noso "Faro da escola".
Moitas grazas David pola túa amabilidade e interés, demostrando que ademais de grandísimo músico que estudou no ensino público, eres unha gran persona que sabe compartir e que chega aos maiores e máis pequenos coa linguaxe integradora da música.
venres, 3 de maio de 2019
Visita ao CIFP Manuel Antonio
A visita do alumnado de 5º e 6º ao CIFP Manuel Antonio de Vigo comezou pola magnífica biblioteca do
centro na que había unha exposición homenaxe ao poeta Manuel Antonio.
Dentro do programa ATRÉVETE da Xunta de Galicia, este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende, vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espíritu emprendedor.

luns, 29 de abril de 2019
Lecturas compartidas e poemas para a festa dos libros
Recitamos na Biblio estes poemas da lingua castelá:
E por último as recomendacións lectoras de todas as aulas:
venres, 26 de abril de 2019
Poema de Marilar Aleixandre para o Día do libro
Marcapáxinas para conmemorar este día 23 de abril de 2019.
A poeta, narradora, profesora e académicaMarilar Aleixandre, xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.
xoves, 25 de abril de 2019
Hoxe, páxina Web do FARO de Vigo
Onte a xornalista do Faro de Vigo Marta Clavero visitou a Biblio Crocaio e nela entrevistou a algúns alunos e alumnas para recoller as súas impresións sobre o momento político de eleccións xerais que vivimos.
facede clic na foto para ir directamernte a ver o vídeo no que Zaida, Pablo, Xian e Mara dan opinións sobre este momento como verdadeiros profesionais.
Bo traballo!
facede clic na foto para ir directamernte a ver o vídeo no que Zaida, Pablo, Xian e Mara dan opinións sobre este momento como verdadeiros profesionais.
Bo traballo!
Un momento da entrevista.
martes, 23 de abril de 2019
Día do Libro: FESTA dos LIBROS
`
Suxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigo de crocaio
O día mundial do LIBRO celébrase cada 23 de abril porque conmemora o falecemento de tres escritores, todos no mesmo día do ano 1616.
-Miguel de Cervantes
-William Shakespeare
-Garcilaso de la Vega
A CONFERENCA Xeral da UNESCO aprobou proclamar o 23 de abril de cada ano "Día Mundial do LIBRO e dos Dereitos de AUTOR", esto último ten como fin respectar a propiedade intelectual.
A Biblio Crocaio acollerá actividades para celebrar ese día como:
-Recital de poesías da lingua castelá
-Recomendacións de lecturas, vídeo, dalgúns alumnos e alumnas do cole
-Padriños e madriñas lectores, sairemos aos patios a ler uns a outros durante a hora de ler, previamente collemos un ou dous libros na Biblio para lerlles aos máis pequenos.
-Faremos exposición de libros, novidades e libros curiosos que podemos aportar entre todos.
-Levaremos a casa o boletín de lecturas recomendadas elaborado polo Equipo da Biblioteca para que coñezades libros e música recomendados.
Coñece mellor a Cervantes e a súa obra:

Agora atrévete con este xogo:
Tamén podes consultar na Biblio
luns, 22 de abril de 2019
Día da TERRA
Ese puntiño á dereita é o planeta TERRA.A foto foi tomada pola senda espacial Cassini no mes de xullo pasado, a 1440 millóns de quilómetros da Terra. Podemos ver a Saturno e os seus aneis.
Nove relatos, dos cinco continentes, que son en realidade nove leccións de ecoloxía que nos convidan a respectar a natureza, o ceo, a terra, o mar, os animais e as plantas e ao mesmo tempo transmiten unha especie de sabiduría ancestral.
mércores, 17 de abril de 2019
martes, 16 de abril de 2019
luns, 15 de abril de 2019
luns, 8 de abril de 2019
Xan sen medo
Escoitade o conto "Juan sin miedo" despois practicade a canción.
Aquí tedes a letra.
Letra de "Xan sen medo":
http://www.luisvallecillo.net/wp-content/uploads/2017/05/Xan-sen-medo-galego.pdf
Aquí tedes a letra.
Letra de "Xan sen medo":
http://www.luisvallecillo.net/wp-content/uploads/2017/05/Xan-sen-medo-galego.pdf
domingo, 7 de abril de 2019
PREPARAMOS A QUEDADA LITERARIA DE CASTRELOS EN MAIO
Música, os cursos que participaremos: Infantiles, 1º, 2º e 6º, levaremos aprendida esta canción para cantala con todos os coles que asisten:
Preparamos as lecturas para compartir
Ao pé dos plátanos de Castrelos
Boceto do marcapáxinas
Pronto teremos o APADRIÑAMENTO LECTOR , O DÍA DO LIBRO, no que leremos contos uns a outros baixo as árbores do noso cole, así que ide preparando un contiño, ou dous si son curtos, para ler aos vosos compañeiros á volta das vacacións de Semana Santa
lector padrino from Angeles Saco López on Vimeo.

sábado, 6 de abril de 2019
Visita de Pablo Nogueira

O venres toca cambiar o libro e aquí aparece a aula de Geni facendo o cambio semanal coa Biblio xa decorada para recibir ao escritor Pablo Nogueira que nos veu a contar o seu libro Nube Branca.
PABLO CO SEU AMIGO O PROFE ALBERTO QUE SE ENCARGOU DA XESTIÓN DA VISITA E QUE ADEMAIS REALIZOU O PHOTOCALL CO QUE CADA NENO E NENA DE INFANTIL, 1º E 2º FIXO A SÚA FOTO.
Montaxes feitas por A. Formoso.
A mochila violeta vai a 4º
María, de 4º curso, levou esta semana a Mochila Violeta despois de que xa pasara por 6º e 5º.
Contén contos, banda deseñada, a película de Billy Elliot, biografías...todo relacionado co tema da igualdade, e vai circulando paralelamente ás Mochilas Viaxeiras polos cursos de Pimaria.
As mochilas levan unha libreta para facer os comentarios sobre o contido.Aquí tedes o comentario de Paula de 5º:
mércores, 3 de abril de 2019
Educación para a igualdade
Educación sexual na aula de 6º:
Introducimos o tema cun libriño da Biblio Crocaio titulado Vermella que foi premio Fina Casalderrey 2018 de Literatura Infantil pola Igualdade:
"Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso... Foi un accidente? Quen é a vítima? Serán quen de resolveren este enigma?"
de Sabela Losada Cortizas (Autor), Minia Regos Sanz (Ilustrador)
Despois de repartir o xeneroso agasallo de Evax e de comentar na aula de 6º dúbidas sobre o tema, sempre podedes entrar na páxina seguinte e buscar resposta a aquelo que aínda non teñades claro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)