martes, 23 de abril de 2019

Día do Libro: FESTA dos LIBROS




`
Suxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigo de crocaio

O día mundial do LIBRO celébrase cada 23 de abril porque conmemora o falecemento de tres escritores, todos no mesmo día do ano 1616.
-Miguel de Cervantes
-William Shakespeare
-Garcilaso de la Vega
A CONFERENCA Xeral da UNESCO aprobou  proclamar o 23 de abril de cada ano "Día Mundial do LIBRO e dos Dereitos de AUTOR", esto último ten como fin respectar a propiedade intelectual.
A Biblio Crocaio acollerá actividades para celebrar ese día como: 
-Recital de poesías da lingua castelá
-Recomendacións de lecturas, vídeo, dalgúns alumnos e alumnas do cole
-Padriños e madriñas lectores, sairemos aos patios a ler uns a outros durante a hora de ler, previamente collemos un ou dous libros na Biblio para lerlles aos máis pequenos.
-Faremos exposición de libros, novidades e libros curiosos que podemos aportar entre todos.
-Levaremos a casa o boletín de lecturas recomendadas elaborado polo Equipo da Biblioteca para que coñezades libros e música recomendados.
Coñece mellor a Cervantes e a súa obra:


Agora atrévete con este xogo:



Tamén podes consultar na Biblio





Ningún comentario: