sábado, 24 de novembro de 2018

25 Novembro

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
  • A violencia contra a muller é unha causa de morte e incapacidade entre as mulleres en idade reproductiva tan grave coma o cáncer.
  • Casi 750 millones de mulleres e nenas que viven hoxe en día  casaron antes de cumplir 18 anos, mentras que a lo menos 200 millóns delas foron sometidas a mutilación xenital.
  • En todo omundo, unha de cada tres mulleres sufriu violencia física ou sexual, principalmente por parte dun compañero sentimental.
Ilustración da páxina interactiva da ONU Mulleres titulada "Violencia contra as mulleres, feitos que todo o mundo debe coñecer"

A ONU Mulleres designou o 25 de cada mes como Día Laranxa. Esta iniciativa pretende mobilizar á sociedade, gobernos e ao Sistema da ONU para que xuntos amplíen o impacto da campaña. Anima aos participantes a poñer algo de cor laranxa para mostrar solidariedade coa campaña, esta cor simboliza un futuro mellor e un mundo libre de violencia contra mulleres e nenas.
O tema da campaña 2018 é Pinta o mundo de laranxa: #EscóitameTamén 
Tinguirán de laranxa os edificios e monumentos máis emblemáticos arredor do mundo, para lembrar a necesidade de crear un futuro sin violencia de xénero.
¡Únete á campaña!
PROPOSTAS DIDACTICAS DA ASEMBLEA DE MULLERES PARA A REALIZACIÓN NAS AULAS
Unidade didáctica con actividades variadas desde infantil ata para adultos, moi interesante!!
http://www.steg.gal/UserFiles/Files/pdfs/muller/25_novembro/20181120_unidades_didacticas_25n_2018_galego.pdf
INFANTIL:

PRIMARIA:

Catro contos para a igualdade, un deles é este:
Por que se conmemora neste día ? Consulta aquí

O único camiño para eliminar a violencia machista é un cambio social onde as mulleres teñamos os mesmos dereitos e sexamos consideradas como os homes. 
Unha sociedade onde as mulleres asuman postos de responsabilidade nas empresas. 
Unha sociedade onde non se cuestione  a valía das mulleres e onde non se nos xuzgue polo noso aspecto físico.
 Unha sociedade onde os roles sexistas desaparezan. 



mércores, 31 de outubro de 2018

Festa do medo!

Cos marabillosos contos de medo!






Cos marabillosos disfraces!





 Con comidas terroríficas!


E cabazas moi traballadas:







Con películas para pequenos e maiores:
Así foi a nosa festa !

mércores, 24 de outubro de 2018

Inauguracion da Biblio Crocaio

Así de ben o pasamos na festa de inauguración da Biblio Crocaio coa ximcana de xogos:
Así de chula está a nosa porta da Biblio:


martes, 23 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas

Día grande para a Bibliocrocaio. O día 24 de outubro celebramos o "DÍA DAS BIBLIOTECAS"

Biblio Crocaio from crocaio
Para celebralo faremos unha XIMCANA DE XOGOS:
Dividiremos en oito grupos a todo o alumnado,facendo grupos de todas as idades , para que entre eles interactúen e consigan superar oito probas en  diferentes aulas, que irán percorrendo alternativamente cun tempo de dez minutos en cada unha. As probas son de todo tipo, memorísticas, de habilidade, físicas, con robots,de reciclaxe, con crebacabezas e con xoguetes de madeira.

                                        
Deberemos conseguilas todas para obter o Pasaporte lector:
                                               
Os grupos levan un coordinador que é un alumno ou alumna de sexto curso, que se encargará de que todo saia ben.
Temos oito grupos que levan nomes de montes da nosa contorna que resultaron queimados hao agora un ano, en terribles incendios:
1-VIXIADOR
2-MATAMÁ
3-AS NEVES
4-FORNELOS
5-A MADROA
6-MONTE DOS POZOS
7-GALIÑEIRO
8-ALBA
Despois, ás doce, xuntarémonos todo o cole na Biblio Crocaio para escoitar o Conto:

 contado por IAGO LÓPEZ, por xentileza de Xerais
 Repartiremos carnés, agasallos, carpetas e mochilas viaxeiras, e sobre todo xa podemos a partir de mañá levar libros en préstamo.
Temos tamén dentro da Biblio unha exposición de libros novos que Crocaio mercou xa para vós.

O Moucho de Pablo Díaz, animación de kalandraka




 DONOSIÑA "Donicela" en castelán   
                 
 Moucho "Búho" (Castelán)


                              Vacaloura
Rato

Lebre