RECITANDO A CELSO EMILIO... DÍA DOCE DO DOCE DO DOUS MIL DOCE ÁS DOCE
Así o fai este grupo galego.
Nós intentarémolo tamén:
Na Bibliocrocaio podedes atopar:
E todo isto porque ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propóñennos renderlle unha homenaxe pública cun acto colectivo de recitado público do poema "Deitado fronte ao mar" (Longa noite de pedra, 1962).
Arquivo sonoro no que podedes escoitar a voz do poeta falando e recitando e mesmo o son da súa máquina de escribir:
Aquí tedes un estupendo traballo escolar sobre o poeta de Celanova atopado na REDE no que non figura o centro no que foi feito pero si as alumnas que nos informan sobre a súa vida e obra e recitan o poema "Inverno":
xoves, 6 de decembro de 2012
martes, 4 de decembro de 2012
luns, 3 de decembro de 2012
Ideas para facer e ler en nadal
Lecturas de Nadal na Rede:
O equipo da Biblioteca do CEIP Isaac Peral de Ferrol fixo unha excelente recopilación de lecturas de Nadal nas que podemos atopar dende
contos con contidos históricos ata contos
clásicos coma o "Soldadiño de Chumbo" ou "Hansel e Gretel" sen
esquecer outros contos anónimos difundidos na rede.
Premendo nesta imaxe podedes acceder a esa morea de contos para ler e conta e outros para ver.
Enlaces a páxinas para manualidades de Nadal sempre creativas e de reciclaxe :
de-navidad/"> />
venres, 30 de novembro de 2012
En Pontevedra: Feira da CULTURA. Achégate!!
Fabricamos un pequeno conto
Premendo na imaxe podes acceder á unha páxina moi boa de recursos educativos lúdicos de todas as materias e de todas idades: http://www.actiludis.com.
Crocaio escolleu para que te entreteñas este fin de semana facendo dous mini libros que podes imprimir colorear e montar, se premes na imaxe podes ver outros contos para montar e como se fai o proceso.
mércores, 28 de novembro de 2012
Lecturas dixitais
Unha biblioteca dixital internacional para os nenos e nenas do mundo:unha colección de obras completas dixitalizadas
en diversos idiomas, ilustracións e reseñas de cada lectura.
Promove a tolerancia e o respecto á diversidade
cultural ofrecendo acceso ao mellor da literatura infantil do
mundo enteiro.
Pero sen ir tan lonxe temos a Biblioteca Virtual Galega na que podemos atopar unha entrada a unha listaxe de obras de literatura infantil e xuvenil
ás que podemos acceder directamente.

Snoopy na Biblioteca :
luns, 26 de novembro de 2012
sábado, 24 de novembro de 2012
Camiña con nós pola igualdade
25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
No cole tivemos a oportunidade de contar nesta semana cos obradoiros:Camiña con nós pola igualdade, o programa
educativo da Concellería de igualdade do Concello
de Vigo, nos que participaron os alumnos e
alumnas de Primaria.
TOD@S debemos implicarnos neste camiño pola
igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.
Aqu vos deixamos as mellores imaxes:
Enlaza Vigo: domingo 25.
Vivo en una casa malva
Casa Malva existe. Atópase na cidade de Gijón, é unha institución
pública que atende a mulleres que escapan da violencia.
Pero A Casa Malva é tamén un fogar, un lugar desde
o que estas mulleres e as súas fillas e fillos poden atopar
a tranquilidade necesaria para mirar cara a diante.

Traballo realizado no IES Lama das Ouendas de Chantada sobre este tema que pode servir
de debate e concienciación sobre a violencia de xénero
xoves, 22 de novembro de 2012
SANTA CECILIA: PATRONA DOS MÚSICOS
Felicidades a todos!!! Porque todos temos algo de músicos:
disfrutamos cantando, bailando, tarareando melodías,
escoltando música, creándoa,…
Nun día tan especial vos recomendamos un libro de teatro musical
“Os músicos do Val Miñor” , unha publicación adaptada ás
discapacidades visuais e intelectuais que transmite o esforzo
de 43 alumnos do centro de educación especial Juan María de
Parada e o Instituto Escolas Proval, unidos pola música
e o teatro. A integración social que posibilitou este traballo ,
dirixido pola mestra Dna Paula Carreras, mereceu o premio
CreArte do Ministerio de Cultura.
REGUEIFANDO NO OBRADOIRO
Grazas ao Equipo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, os nosos alumnos tiveron a posibilidade de disfrutar e participar no obradoiro de regueifas con Luis o Caruncho e Pinto D´Herbón.
No obradoiro foron os rapaces , seguindo os pasos destes grandes regueifeiros e comunicadores os que construíron as regueifas.
Aquí tedes unha mostra do mesmo:
No obradoiro foron os rapaces , seguindo os pasos destes grandes regueifeiros e comunicadores os que construíron as regueifas.
Aquí tedes unha mostra do mesmo:
luns, 19 de novembro de 2012
Obradoiros no cole
A semana pasada veu cargadiña de actividades diferentes:
-Visitáronnos dous regueiferos moi populares Luís Caruncho e Pinto d'Herbón unha explosión de música de zanfona e canto invadiu o cole, foi un exitazo!!
.JPG)
As regueifas, que son?
Aqui vos deixo unha que o explica:
Temos unha boa nova
En Sampaio imos ter
regueifeiros de primeira
que non quererás perder
A regueifa é unha arte
na que hai que improvisar
escollendo da linguaxe
as palabras a empregar.
A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país do secular arte popular da improvisación oral en verso .
Unha manifestación máis moderna é o Hip-Hop .
Aqui vos deixo imaxes de outros dous obradoiros superinteresantes:
Obradoiro de papel reciclado.Ceip Eduardo Pondal -Vigo -Novembro 2012
Claro que tamén podes buscar na Biblio máis formas de coidar o noso planeta.Achégate!!
Obradoiro de PAN. CEIP Eduardo Pondal Vigo-Novembro 2012 on PhotoPeach
Premendo nesta fermosa imaxe de trigo e pan podes ver como se elabora o pan en moitas casas de Galicia que teñen forno de leña e ainda amasan na artesa de madeira:

venres, 16 de novembro de 2012
Museos para o fin de semana
O Museo Etnográfico Liste de Vigo abre de novo as súas portas.
O Concello aproba destinar 146.000 euros a un convenio para garantir a actividade desta entidade, que pasará a xestionar tamén o Centro de Artesanía Tradicional (CAT) da Cidade Olívica.
Para a nosa cidade é unha moi boa nova.
No Museo MARCO de Vigo
Exposición: A BALEA NEGRA , un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO. Para conmemorar os dez anos. Recoméndovola!
Pero si non vos queredes mover da casa podedes visitar virtualmente moitos museos:
Museo Nacional del Prado en Madrid
E, desde a casa tamén podedes aprender moito sobre As Meninas de Velázquez premendo na imaxe da Infanta Margarita:
O Concello aproba destinar 146.000 euros a un convenio para garantir a actividade desta entidade, que pasará a xestionar tamén o Centro de Artesanía Tradicional (CAT) da Cidade Olívica.
Para a nosa cidade é unha moi boa nova.
No Museo MARCO de Vigo
Exposición: A BALEA NEGRA , un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO. Para conmemorar os dez anos. Recoméndovola!
Pero si non vos queredes mover da casa podedes visitar virtualmente moitos museos:
Museo Nacional del Prado en Madrid

mércores, 14 de novembro de 2012
Benvidos ao Mundo : Antía e Diego
A profe Marisol está moi leda porque todo saiu moi ben e xa ten na casa aos seus bebés xemelgos: Antía e Diego nacidos hai uns días e que pronto revolucionarán a súa casa,terá que cantarlles moitos arrolos
para poder durmilos , como este:
Crocaio non esquece a Gabriel, o irmán maior, que tamén está moi feliz, para el este video de Caillou :
E para lerlles aos tres, Crocaio recoméndalles estes fermosos contos:
CONTOS DE RATIÑOS
-Papá, xa estamos todos na cama -dixeron os ratiños-. Anda, cóntanos un conto.
-Farei algo mellor -dixo o Papá-. Contareivos sete contos, un para cada un...

domingo, 11 de novembro de 2012
Xornadas de Bibliotecas
Educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación social na actualidade.
Compartimos as experiencias que se están a facer nas bibliotecas escolares galegas, grazas ó traballo desinteresado, gratuíto e, moitas veces, fóra do horario laboral, dos profesores e profesoras que constitúen os Equipos de Biblioteca Escolar.
Houbo ponencias moi interesantes como as de Fabio Tropea e Tiscar Lara , rematamos con Luís González da Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca.
Profes de toda Galicia falaron sobre proxectos do seu cole, prensa, cómic, videoxogos, contos etc..
Déixovos o enlace ao traballo que coñecemos gracias á ponencia da editora, periodista e autora Eva Mejuto, curtas sobre contos da editorial OQO que moitos coles presentaron a concurso e que todos mereceron o premio. NÓS TAMÉN CREAMOS.Concurso de curtas en colaboración coa RTVG.
Marabillosos traballos!

Agradecer ás persoas que fixeron posible estas fantásticas Xornadas e agardar que fagan moitas máis.
xoves, 8 de novembro de 2012
IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Os días 9 e 10 de novembro de 2012 terán lugar, en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos.
domingo, 4 de novembro de 2012
O noso Samaín
Samain 2012. Cabazas, libros, castañas... on PhotoPeach
E xa pasaramos polo túnel do medo!!!
Magosto 2012. CEIP Eduardo Pondal.Vigo on PhotoPeach
CADA LIBRO TEN UNHA SORPRESA. A VER SE AS ATOPAS TODAS!!
Exposición libros de medo
E xa pasaramos polo túnel do medo!!!
Magosto 2012. CEIP Eduardo Pondal.Vigo on PhotoPeach
CADA LIBRO TEN UNHA SORPRESA. A VER SE AS ATOPAS TODAS!!
Exposición libros de medo
sábado, 27 de outubro de 2012
24 de Outubro, Día Das Bibliotecas
Así foi o noso día grande:
Bibliocrocaio 2012-2013-24 de Outubro : Día das Bibliotecas on PhotoPeach
**No mural que situamos na entrada da biblio colocamos debuxos das vivendas
do alumnado feitas en colaboración cas familias.
**Na entrada colocamos fotos de recunchos do barrio para facer unha caza do tesouro.
**Noutra parede as fotos dos servizos do barrio.
**A réplica en cartón -pedra (feita pola profe Isabel), do Peto de ánimas,o máis destacado
e coñecido do barrio está na entrada do colexio.
**Na primeira planta os debuxos das vivendas dos demais alumnos, forman o barrio,
coas rúas principais e os principais destinos dos arredores: aeroport, zoo, centro...
**Fixemos unha exposición de novidades que todo o alumnado puido tocar e desordenar
(por un día...).
**A Bibliocrocaio está decorada con fotos do noso alumnado, fotos do nome das rúas do barrio
e tamén fotos antigas aportadas polas familias.
**Foron pasando por cursos a recoller os carnés,as carpetas e bolsas cos agasallos: pegatinas,
globos, marcapáxinas...e viron na pantalla dous contos :
Os Bolechas queren saber como é unha Biblioteca
e
O incrible neno comelibros, do Blog
Despois do recreo asistimos ao contacontos Iago López, por xentileza de Xerais .
Toda unha festa!!!
O noso agradecemento ás familias pola súa colaboración.
Bibliocrocaio:LIBROS DO TRINQUE Otubro 2012 on PhotoPeach

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
2012
Bibliocrocaio:LIBROS DO TRINQUE Otubro 2012 on PhotoPeach
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)