Comezamos.
Crocaio dávos á benvida a nenos e nenas do cole e deséxavos felices lecturas!
Algunhas lecturas atoparédelas na Biblio como:
E aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos o primeiro día, xogando claro!
venres, 7 de setembro de 2012
Para DANIELA, que con só vinte día visitou hoxe o cole.
Vamos a dicirlle ao seu papá "o profe Yago" que lle cante esta fermosa nana :
Pero antes de durmir tamén lle pode ler libros tan fermosos coma este , que seguro que farán dela unha nena moi feliz.
Moita sorte Daniela!
Aquí tedes o vídeo:
luns, 3 de setembro de 2012
Comeza setembro e voltamos de novo á rutina. Pronto comezará o curso escolar, as profes xa voltamos ao noso traballo con moita enerxía e ganas de que Crocaio recomende xa novas lecturas, el está desexando que a Biblioteca se transforme co voso ruido.
Seguimos contando con vós para facer feliz a Crocaio, visitándoo pronto e dándolle a benvida ao novo curso.
E para empezar un poema:
Con las hojitas del tilo, se perfuma el cocodrilo. Con las hojas del manzano, llega el calor del verano. Con hojas de membrillero, se saca brillo el sombrero. Con las hojitas del pino, se hace sombra el camino. Con las hojas del peral, te libras de todo mal. Amén (Floral)
Antonio Rubio "Versos vegetales"
Para ler máis versos de A. Rubio preme na cesta de marmelos.
Tomado do CEIP Gerardo Diego de Los Corrales de Buelna en Cantabria, déixanos esta marabillosa aplicación de "Contos para o verán".
Utilizando a fabulosa colección de narracións que ofrece Esther de Lorenzo na páxina do seu programa "Contando Cuentos" de RNE-Radio5.
Primeiro premedes na imaxe e a continuación non tedes máis que pinchar sobre o lombo do conto que queirades escoitar.
Rematados os Xogos Olímpicos de Londres 2012, pronto comezarán os Xogos Paralímpicos, a ceremonia de apertura será o mércores 29 de agosto e se clicades na mascota paralímpica podedes obter toda a información que precisades para seguir estes xogos. España estará representada por 142 deportistas que con moito esforzo levan tempo preparando as súas mellores marcas.
En Madrid entrenou o nadador vigués Chano Rodríguez que vai participar nestas olimpiadas. Para saber un pouquiño máis da súa vida déixovos este interesante vídeo:
Espero que vos gustara a canción do grupo Muse que foi a canción oficial destes Xogos de Londres 2012.
Aquí a tedes.
Aínda que estamos de vacacións, envirónnos o quinto capítulo da serie de videocontos do Planeta Verde de Sogama http://player.vimeo.com/video/46731302 para que o poidades ver.
Neste capítulo, a familia Trebón coñece a praia, o mar, os peixes, etc, e aprenden a bucear, pero descubren moito lixo nos fondos mariños, o que entristece aos peixes (os delfíns choran). Deciden recoller os residuos e deixar todo limpo (os peixes son agora felices). Tamén recordan que tras merendar na praia, hai que recoller os restos e levalos para a casa, depositalos nas papeleiras ou nos contedores específicos.
Non quixeron irse de vacacións sen agradecernos o noso humilde envío dun libro co que contribuímos a facer unha biblioteca para os nenos e nenas refuxiados nos campamentos do Sahara.
Aquí tedes en vídeo o libro que enviamos Colores y más colores de Rosa Serdio.
A ver si vos gusta tamén a vós!
Un libro para primeiros
lectores sobre o poeta celanovés que vai acompañado dun CD cos
principais poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro.
O REI No tempo aquil cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes. Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía, decir espada estaba prohibido, decir prisión somente era unha
verba sin senso, un aire que mancaba o corazón da xente. ¿Cando, cando se perdeu, iste gran Reino? Celso Emilio Ferreiro.
Homenaxe a estas estupendas personas que deixan o cole para iniciar unha nova traxectoria no instituto. Moita sorte rapaces e rapazas de 6º!!
Para ser grande, sé entero: nada tuyo exageres o excluyas. Sé todo en cada cosa. Pon cuanto eres en lo mínimo que haces. Así en cada lago la luna entera brilla, porque alta vive. Fernando Pessoa
Aqui tedes algunha das imaxes da homenaxe, os alumnos escoitan pacientemente outras intervencións mentres agardan a súa participación, os papás están entre o público e tamén a nosa directora Dna. Inés, en primeiro plano o escritor e a súa filla, e os tamén escritores Xavier Senín, Paco Martín e X. A. Neira .
Asier leu a Cunqueiro:
Agora trobo o vento e máila lúa fría, non o cervo do monte que a ágoa volvía.
Agora trobo o mare e máila nao veleira non a amiga que canta só da abelaneira.
Agora trobo a lúa e máilo vento irado, non o cervo do monte, meu amigo pasado.
Agora trobo a nao e máila mar maior, e non aquela amiga, miña branca señor.
Palabras de Andrea:
"Agustín Fernandez Paz semella para min ser o personaxe de
Fréderik, de Leo Lioni: o rato
poeta que enche a súa despensa de raios de sol, cores de primavera e arrecendos
de verán, para poder pasar o longo inverno e contárllelo aos outros ratos , pero as súas
palabras conteñen a forza necesaria para cambiar a vida e para cambiar o mundo."
Lucas leu un texto de Agustín:
..."Lémbrome dos cómics que os meus irmáns e mais eu liamos unha e outra vez, nunha época en que a palabra televisión aínda nos era totalmente descoñecida.
Lémbrome dos seriais que escoitabamos pola radio, sobre todo dos que eran os meus preferidos: Superman e Unha princesa de Marte.
...
Lémbrome do andel onde o meu pai gardaba os seus libros, entre os que había títulos inesquecibles como A illa misteriosa, O escaravello de ouro ou Os tigres da Malaisia.
Lémbrome do recendo a mazá madura que había nos armarios e nos chineiros da miña casa..."
Remate do acto coa interpretación do Himno Galego, ao fondo a violinista Begoña Riobó, que acompañou a Anxo Pintos e a súa zanfona (de Berrogüeto) e á cantante Uxía, as sobriñas do escritor e as profes que participamos.
Grazas Agustín por ofrecernos aos docentes e alumnos galegos esas historias tan ben contadas que nos axudan a coñecer mundos partindo sempre da nosa realidade galega e facendo do galego unha lingua universal para escribir e ler infinitas aventuras.
Agardamos ainda moitas máis!!
venres, 29 de xuño de 2012
Tres alumnos do noso cole CEIP Eduardo Pondal participan na Homenaxe Nacional ao escritor galego Agustín Fernández Pazque se celebrará mañá, 30 de xuño, en Vigo.
Agustín Fernández Paz
Lucas Méndez Puga, Andrea Guisande Moreira, os dous de 6º curso e Asier Rodríguez Rodríguez de 3º curso lerán cadanseu texto na homenaxe ao escritor galego Agustín Fernández Paz .
Lucas lerá o texto do libro Contos por palabras de cando o autor fala de si, no que fai unha vista atrás lembrando a súa infancia. Andrea lerá unha pequena composición na que nos conta algunhas experiencias vitais do autor e a súa traxectoria como mestre.
Asier lerá un dos seus poemas favoritos, o poema de Álvaro Cunqueiro: "Agora trobo o vento e maila lúa fría..."
O acto, de entrada libre, está organizado pola plataforma cidadá ProLingua e será conducido por Rosa Aneiros.
Comezará as 12.30 no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de
Vigo.
Agustín Fernández Paz suscita
unha admiración unánime en Galicia. Son milleiros e milleiros os
adolescentes (e adultos) que ao longo dos anos leron os seus libros, e
son milleiros tamén os que destacarán del outras cuestións, coma o seu
compromiso coa defensa e proxección da lingua e cultura galegas (hai
tres semanas vímolo na Praza da Quintana lendo o manifesto de Queremos
Galego) e o seu traballo persoal e apoio noutras iniciativas sociais.
Crocaio atopou no Recanto de Mick este maratón de xogos divertidos para eses momentiños do verán nos que nos apeteza abrir o blog e xogar a algo.
Lembrade que xa están a piques de comezar os Xogos Olímpicos de Londres 2012, nos que seguramente haberá moitos récords batidos.
Ánimo e a superar o voso propio récord con estes xogos!
Preme na imaxe para xogar.
Xogos educativos preparados polo Portal Educativo da
Chega o verán, pronto
poderemos disfrutar de todo ese deporte olímpico que traballamos ao longo do
curso. Entre TODOS fixemos da Biblioteca un lugar cheo de cor, imaxinación e
vida.
Foi moi especial este
curso disfrutar da visita de Fina Casalderrey, pero o libro máis especial do ano foi o que fixemos sobre os Xogos Olímpicos .
Agora disfrutade das merecidas vacacións facendo algo
de deporte e tamén algo de lectura.
Escollemos para vós uns cantos libros
fantásticos, premendo na imaxe da súa portada atoparedes máis información sobre cada un.
Tamén vos deixamos unha páxina Web especial para papis e mamis : www.solohijos.com.
Aquí tedes algunhas das fotos destes días tan cheos de actividades interesantes. Premede nelas para ver máis. Arriba as alumnas de patinaxe na súa exhibición final.
Abaixo no Parque forestal de Beade, perto do Colexio Universitario de Vigo, un parque con vistas excepcionales á Ría de Vigo e con moitas posibilidades para pasar un bo día de campo. E non nos pillou a chuvia!
venres, 15 de xuño de 2012
Vídeo de animación á lectura realizado desde a biblioteca do IES Chano Piñeiro de Forcarei.
"Fomentamos a lectura porque cremos nela como un Valor. Ese Valor ausente na nosa sociedade de consumo sen reparos en ser deshonestos cunha soa relixión: o diñeiro.
Cremos na lectura como solución. Cremos na lectura como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría.
Cremos na lectura como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do horizonte sen fin.
Cremos na lectura como CULTURA.
E sobre todo cremos na lectura no noso idioma, na nosa lingua."
Adaptación do tema de Manu Chao "Clandestino" (Virgin France). Letra: Gracia Santorum e Anxo Fernández Voz: Anxo Fernández Edición e montaxe: Anxo Fernández.
Grazas ao IES Chano Piñeiro por compartir este traballo.
Saimos ao patio na hora de ler, todo estivo moi ben organizado porque é unha actividade que xa fixemos outras veces e que disfrutan facéndoa, tanto os que len como os que escoitan.
Os patios de recreo enmudecen , escoitase a música "Juego de niños" de Bizet, hai un leve rumor de fondo. O sol acompaña sen molestar e resulta un placer ver as cariñas e os oídos prestando atención ao seu padriño ou madriña contadores e tamén nos resulta moi grato sentir o esforzo dos que len para facer agradable a lectura ao outro.
A suxerencia de traer un pequeno peluche para acompañar foi seguida maoiritariamente e no video da actividade podedes velos .
Vese nas súas caras que a lectura engaiola, por eso recomendamos que contedes contos, todos os que poidades mentres teñan idade de escoitarvos, ademais de aprender disfrutaredes moito, non importa a idade!
O escritor Marcos S. Calveiro co seu libroPalabras de auga gañou este ano o premio Merlín de literatura infantil e xuvenil.
A súa novela conta unha historia africana, o protagonista un neno chamado Amadou de once anos conta as experiencias que vive a causa da fame, a sequía e a explotación dos nenos polo traballo nas minas.Un neno coma calquera outro coas súas inquedanzas de neno pero vivindo nunha realidade moi dura na que a vida non é máis que unha aventura diaria na súa loita pola supervivencia.
Escrita coa fluidez necesaria para que sexa lida polos nenos e nenas a partir de nove anos, conta cun montón de palabras en swahili que van sendo explicadas ainda que engade un pequeno diccionario aofinal como curiosidade.
Reside en Vigo,onde traballa como avogado. Comezou a publicar de forma serodia, con máis de 35 anos, e fíxoo inicialmente no eido da literatura infantil e xuvenil. Tamén ten escrito poesía e, en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gaña o premio Lazarillo cunha novela en galego.
Outras obras de Marcos Calveiro coas que
podedes disfrutar e descubrir novos mundos e que son de recomendación
en moitos institutos son:
Na entrega dos premios Merlín lembramos a figura doutro escritor moi importante da nosa lingua : Celso Emilio Ferreiro, poeta de Celanova do que este ano celebramos o centenario do seu nacemento.
Aqui vos deixo un Edilim feito por Julia Pérez para que xoguedes e coñezades algo máis da súa vida e obra. Premede no selo.