martes, 10 de marzo de 2026

8M Día Internacional da Muller

Ola a tod@s

Para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, dende o equipo TIC (tecnoloxía da información e a comunicación) e ACE (equipo de actividades complementarias e extraescolares) fíxose un enorme traballo para participar todo o centro nunha laboriosa, pero preciosa actividade.

Dende a área de música, a profe Marta estivo a traballar co resto do profesorado e todo o alumnado para gravar un vídeo musical, co que participaremos na 1ª edición do concurso "O noso canto: máis voces, máis igualdade", convocado pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e a Dirección Xeral da Consellería de Educación. O obxectivo é promocionar a igualdade nos centros educativos de Galicia a través da reflexión, creatividade e expresión artística ao redor da obra musical "O noso canto".

Ademais contamos coa profe Andrea para a montaxe da gravación musical.

Un traballo moi laborioso pero cun resultado estupendo e precioso. 

Na gravación tamén aparecen escenas de traballos, manualidades e lecturas de libros relacionados co 8M, marcapáxinas, carteis...

Destacar tamén a colaboración especial da nai de Hada (infantil de 5 anos) para gravalo en LSE (lingua de signos española).

Aquí vos deixamos algúns dos momentos desta gravación e dalgunhas das actividades feitas.

Xa vos comentaremos algo máis noutra entrada!




















Ningún comentario: