xoves, 5 de decembro de 2024

3 de decembro. Día Internacional das persoas con discapacidade

 Boas amigos e amigas!

O pasado martes foi o día internacional das persoas con discapacidade e dende o nosa biblioteca, coa axuda e colaboración do Departamento de Orientación, organizamos unhas xornadas de sensibilización e empatía. 

Para estas xornadas organizamos grupos multinivel que pasaban por diferentes estacións:

- Persoas con discapacidade motora





Neste apartado queremos agradecer a colaboración de APAMP que nos deixou as cadeiras de rodas para poder poñernos na pel desas persoas. 


- Persoas con discapacidade visual





- Persoas con discapacidade comunicativa. Empregamos un xogo de mímica.



- Mural conxunto 





Foi unha xornasda moi enriquecedora!

Sabíades que o termo empregado actualmente é persoas con diversidade funcional?

Ningún comentario: