Esta semana para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, o alumnado de 6º de primaria percorreu as aulas para explicarnos quenes eran as irmás Mirabal, as bolboretas que desafiaron un tirano.
Esta actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Cada alumno e alumna do colexio coloreou unha bolboreta e con todas elas fixeron esa data.
Tamén repartiron unhas entradas para todo o colexio convidándonos ao contacontos do alumnado de 6º de Educación Primaria coas seguintes actuacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario