xoves, 30 de novembro de 2023

Novembro. Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas


Boas amigos e amigas!

Durante este mes de novembro fixemos na biblioteca diferentes experimentos para todo o alumnado do centro durante as horas de lectura. 
Os experimentos levados a cabo foron:
- Lámpada de lava
- Flotabilidade dos ovos 
- Uvas máxicas


LÁMPADA DE LAVA
Para facela necesitamos auga, aceite, colorante vermello e unha pastilla efervescente. 





É aínda máis bonito se o vemos coa luz apagada, mirade:



Houbo algúns alumnos e alumnas de 1º de Educación Pirmaria que lles gutsou tanto este experimento que ó cehgar á aula quixeron escribir todos os pasos. 





FLOTABILIDADE DOS OVOS
Para este experimento necesitamos auga, sal e ovos. 
O que fixemos foi plantexar hipoteses sobre a flotabilidade dos ovos na auga doce e na auga salgada e comprobamos que flotan na auga salgada, como nós na auga do mar!





UVAS MÁXICAS
Para este último experimento necesitamos uvas, gasesosa e colorante (opcional). 
As burburllas da gaseosa fan que as uvas suban pero ó chegar arriba explotan e as uvas volven para abaixo. 





Xa sodes todos uns científicos e unhas científicas!

Ningún comentario: