O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da non Violencia e, como coincide en sábado, o noso colexio celebrouno o venres.
Seguindo o proxecto deste curso "Inventos de conto" decoramos a entrada do colexio cun muíño de vento coa frase "Que o vento leve os nosos desexos de paz" coa colaboración do noso voluntariado de 5º e 6º de primaria.
Todo o alumnado do colexio fixo un catavento pequeno para que leve as nosas mensaxes de paz a todo o mundo.
En primaria fixeron, nunha ficha modelo, un traballo sobre algún invento que modificaron como elemento de paz, por exemplo este avión de 2º que lanza flores.
Debido á situación sanitaria celebramos o Día da Paz de forma virtual cunha reunión por Webex. Despois do recreo conectámonos todas as aulas e curso por curso lemos as nosas mensaxes e algunhas fichas cos inventos para a paz.
2 comentarios:
Que bonitos traballos pola PAZ!! Abrazos!!
Grazas profe Ángeles S. por seguirnos e animarnos. Lembra que o noso colexio e a biblioteca son a túa segunda casa. Bicos!!
Publicar un comentario