martes, 7 de xullo de 2020

Feliz verán!

Non queremos despedir este curso sen deixarvos un resumo dalgunhas das actividades do 2019-20 e agradecer ao voluntariado de 5º e 6º de primaria o seu labor na biblioteca, tanto física como virtualmente. E moita sorte para @s de 6º que xa remataron a primaria. Grazas a tod@s.

Tamén fixemos unha pequena montaxe para a que foi coordinadora da Bibliocrocaio durante dez anos, Ángeles Saco, nos que traballou tanto pola nosa biblioteca e á que lle estamos tan agradecid@s.
Esperamos que nos visites moitas veces.

FELIZ VERÁN!




1 comentario:

O Crocaio de Sampaio dixo...

Gracias a todos por este bonito vídeo de lembranza do meu paso polo centro, no que estiven realmente feliz e apoiada sempre por ese magnífico claustro e polos pais-nais que sempre colaboraron comigo para intentar sacar o mellor dos seus fillo/as.
Apertas fortes a todos os que foron os meus alumnos e alumnas aos que sempre intentei inculcar o valor do traballo ben feito entre outros moitos valores importantes.Non vos esquezo por moitos anos que pasen...
Moitas grazas e moita sorte!!
Ángeles.

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe, 25 de novembro do 2021, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, e no CEIP Eduardo P...