1 de xuño : Día da arte galega na escola
O cole de Cervo foi o promotor deste día hai xa cinco anos arredor da data do 1 de xuño , no que se conmemora o nacemento do artista galego Luis Seoane.
Ainda que estamos na casa non queren que pase sin máis e propoñen participar desde a casa buscando unha obra de arte galegas que teñamos na csa e enviándolles unha foto. Por que non?
Seguro que todos temos na casa algo artístico típico galego, desde unha vaixela ou figuriña de Sargadelos ata unha cunca ou instrumento musical ou bolso de coiro dalgún artesano ao que llo mescamos nun posto, un cadro .....

Poñamos en valor a arte galega desde a escola!
Traballos que fomos recibindo das propostas do MAR:
Recreamos a MARUJA MALLO:
Propoñemos que recreedes unha destas obras de arte galegas
un cadro puzzle do pintor galego JORGE PETEIRO:
Ou copiar o cadro As Mariscadoras de Luis Seoane como fan estes nenos e nenas :
Copiar un de Maruja Mallo e ademais coñecela a través desta montaxe do CEIP García Barbón:
Animadevos coas vosas obras de arte e enviádeas a ceipeduardopondal@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario