Toda a primaria lemos e traballamos os poemas dos seus libros Poemar o mar, Vento ventiño venteiro e Bicos e non balas.
Memorizamos, ilustramos e recitamos algúns deles e gustounos moito escoitar da súa propia voz algún poema que xa coñeciamos.A súa charla animounos a ler e a mostrar os nosos sentimentos escribindo, esforzámonos por buscar a palabra máis fermosa e por último asinou os libros cunha dedicatoria especial a cada alumno e alumna.
Moitas grazas Antonio. As túas palabras resoarán no noso alumnado durante moito tempo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario